"Ain" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 537.

  • Tendencia artística desenvolvida desde 1950 en EE UU, xurdida como reacción ao expresionismo abstracto. Caracterizouse polo reducionismo e a especificidade no medio pitórico. Carente de narratividade, rexeitaba calquera forma de subxectividade e elixiu a forma e a cor como principais elementos de expresión. O termo foi cuñado polo crítico estadounidense Clement Greenberg, para dar título a unha exposición celebrada en 1964 en Los Angeles County Museum. Algúns dos seus representantes foron F. Stella ou K. Noland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Foi profesor de patoloxía e da Faculté de París, a partir de 1876. Estudou o aparello circulatorio e en 1889 ideou o esfigmomanómetro. Publicou Des lesions des ganglions lymphatiques viscéraux (1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da ría de Pontevedra, situada entre o porto de Marín e o cabo Praceres, na parroquia de Lourizán (Pontevedra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anestésico local sintético introducido en 1906. Foi empregado como anestésico, como retardante da excreción da penicilina e en xeriatría. OBS: Coñécese comercialmente como novocaína.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piloto automobilístico francés. Coñecido como Le professeur, debutou na Fórmula 1 no Gran Premio de Arxentina (1980). Acadou 51 vitorias en grandes premios e catro títulos de campión do mundo (1985, 1986, 1989 e 1993). Recibiu a Légion d’Honneur (1985) e a distinción de mellor deportista do século (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto básico, xeralmente moi tóxico, que resulta da putrefacción ou da descomposición metabólica das proteínas animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arakan Yoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. rei.

    2. Título mariano que forma parte de varias invocacións como a Raíña do Ceo, Raíña dos Anxos ou Raíña dos Apóstolos. A festa de Santa María Raíña, que se celebra o 22 de agosto, instituíuna o Papa Pío XII en 1955 como paralela á de Xesús Cristo Rei.

    3. Muller, animal ou cousa que, pola súa importancia ou excelencia, sobresae sobre as outras da súas especie, rango ou clase,

    4. Individuo fértil do sexo feminino, propio dos insectos sociais. Algunhas sociedades animais, como as das abellas, as formigas, as da maioría das avespas e as térmites, posúen unha soa raíña, da que descenden todos os demais individuos, mentres que outras, como algunhas especies de avespas, teñen varias.

    5. Cogomelo de 5 a 15 cm de alto, de sombreiro ao principio hemisférico e posteriormente estendido, vermello alaranxado, co bordo finamente estriado e coas láminas libres e amarelas, e de pé amarelado. Presenta un anel en forma de faldrón e unha volva branca e grosa. Propio da rexión mediterránea, atópase principalmente en aciñeirais, sobreirais e carballeiras. É comestible e moi apreciado polo seu sabor. Está presente en Galicia.

    6. Segunda peza en importancia no xogo do xadrez despois do rei.

    7. Espiga de millo que ten algún ou todos os grans máis escuros do normal.

      1. raíñas dos bosques [Galium odoratum, Fam das rubiáceas]

        Planta herbácea perenne, rizomatosa, de talos cuadrangulares, dereitos, de 15 a 25 cm de alto, follas lanceoladas, en verticilos, flores brancas, en inflorescencias corimbosas terminais, e froitos secos ovoides, encrespados de pelos ganchudos. Habita en bosques caducifolios, especialmente de faias, en gran parte de Europa. En Galicia está presente en bosques de zonas montañosas, como no Courel ou nos Ancares, e florece entre os meses de xullo e setembro.

      2. raíña dos prados

        ulmaria.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago de Columbia Británica, Canadá, situado no Océano Pacífico, ao NO da illa de Vancouver. Está separado de Alasca, ao N, pola Dixon Entrance, e do continente, ao L, polo estreito de Hecate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago de Canadá situado no Océano Ártico ao N dos estreitos de Lancaster e Melville.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da costa da Antártida comprendida entre o mar de Davis e o Océano Índico. Foi descuberta por Douglas Mawson (1911-1914).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Aliñación montañosa da Antártida, situada no extremo interior da barreira de Ross. Acada a súa máxima altitude no monte Nansen, con 4.070 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da Antártida, situada ao N do centro polar, a 16° 30’ O e 49° 30’ L. Foi descuberta en 1930 polo noruegués Hjalmar Rüser-Larsen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Discípulo de G. L. Bernini, foi o autor da igrexa de Santa Maria in Campitelli de Roma (1663-1667) e colaborou con Domenico Fontana nas dúas igrexas de Santa Maria del Montesanto e Santa Maria dei Miracoli na Piazza del Popolo de Roma. O seu pai, Girolamo Rainaldi (Roma 1570-1655), tamén arquitecto, traballou en Boloña, Parma, Modena e no Palazzo Pamphili de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa. A súa obra é, en boa parte, unha exaltación da paisaxe escocesa, da que cómpre destacar Stone and Flower (1943), The Year One (1952), Collected Poems (1956), The Lost Country (1971), On a Deserted Shore (1973), The Oval Portrait and Other Poems (1977), ademais dos seus libros de memorias. Dedicouse tamén á crítica literaria, que reflectiu en Blake and Tradition (1969), L’imagination créatrice de William Blake (1986) e Yeats the Initiate (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e artista plástico. Formado na Escola de Artes e Oficios de Villach, foi catedrático da Academia de Belas Artes de Viena (1981). Tras coñecer o surrealismo e o realismo fantástico, fundou con Fuchs, Bauer e Lehmden o colectivo Hundsgruppe (1950) onde realizou as Sobrepinturas (1953-1965). Participou na Bienal de Venecia (1978) e expuxo no Centro Pompidou (1984), ademais de outras cidades. Recibiu o premio Bechmann (1982) e fundou o Museo Arnulf Rainer en Nova York (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto austríaco. Impulsor do movemento moderno en Austria, en Viena foi profesor da Kunstakademie (1956) e urbanista da cidade (1958). Construíu a Sala Municipal (1954-1958) e revestiu a súa estrutura de aceiro con aluminio. Con K. Auböck creou unha colonia de chalés prefabricados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que provén do xermánico Raganhar ou Raginhar, composto por ragin e hari co significado de ‘exército divino, exército forte’. A súa festividade celébrase o 30 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Mónaco, duque de Valentinois, marqués de Les Baux e conde de Carladès (1949), fillo do conde Pierre de Polignac e da princesa Carlota de Mónaco. Tras a renuncia da súa nai, en 1944 converteuse en herdeiro do trono e sucedeu en 1949 ao seu avó Luís II. En 1956 casou coa actriz de cine estadounidense Grace Kelly. Sucedeuno o seu fillo Alberte II.

    VER O DETALLE DO TERMO