"Apo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 488.

    1. Que ten un físico ou unha cara moi agradable á vista.

    2. Que está moi arreglado ou ben vestido.

    3. Que resulta interesante á vista ou oído.

    4. Que é moi atento ou ten un carácter moi agradable.

    5. Que algo é bo ou está ben feito.

    6. Que ou quen é decidido ou resolto para facer algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da conca do Amazonas (1.700 km). Nace na Chapada dos Parecis e desemboca no río Mamoré. Fai de fronteira entre Brasil e Bolivia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten seis patas.

    2.  

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade frixia fundada por Eumenes II de Pérgamo á beira do Río Meandro (190 a C), actualmente Pumakkale. Anexionada a Roma en 133 a C, foi un importante centro relixioso ata época bizantina. As ruínas da cidade foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1988.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Xapón (1926-1989), fillo do Emperador Yoshihito I. Iniciou a era Showa. Permitiu a política agresiva e expansionista do goberno Tōjō, que levou a Xapón á Segunda Guerra Mundial. Trala rendición, tivo que aceptar o establecemento dunha monarquía constitucional e renunciar ao seu carácter de divindade (1946). Foi sucedido polo seu fillo Akihito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte inferior do fuste da columna.

    2. Diámetro inferior do fuste da columna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Indiana, EE UU, situado na confluencia do río Fall co White (791.926 h [2000]). Fundada en 1820, converteuse en capital do estado en 1821. É un importante mercado e núcleo industrial. O seu circuíto automobilístico, inaugurado en 1909, é o principal escenario dos deportes de motor no país, onde se celebra cada ano, entre outras probas, as 500 millas de Indianapolis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paxaro de 65 cm de lonxitude e 1,5 a 4 kg de peso, que se caracteriza por presentar un pico groso e plumaxe de cor verde moi densa con listas brancas e puntos negros. É nocturno, case non pode voar e cría unicamente en determinados anos. É propio de Nova Zelanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político grego, conde de Kapodistrias. En 1809 entrou ao servizo do tsar Alexandre de Rusia e en 1816-1822 foi o seu conselleiro en política exterior. En 1828 foi elixido presidente de Grecia, e tres anos máis tarde foi asasinado nun atentado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Profesor de dermatoloxía na Universidade de Viena desde 1879. Describiu o sarcoma que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Neoplasia cutánea (tumor maligno da pel) descrita por primeira vez en 1872 polo húngaro Móric Kaposi, que experimentou un notable incremento da súa frecuencia durante a derradeira década a causa da súa asociación coa infección polo virus da immunodeficiencia humana que produce a SIDA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do megye de Somogy, Hungría, situada nos outeiros que bordean o curso alto do río Kapos (67.000 h [2000]). A súa economía baséase na industria (manufacturas téxtiles, materiais de construción, maquinaria agrícola e refinado de azucre).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guillaume Apollinaire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Nápoles 1376 - 1414) Rei de Nápoles (titular entre 1386 e 1400 e efectivo entre 1400 e 1414) e titular de Hungría, fillo e sucesor de Carlos III de Nápoles. En 1400 derrotou a Luís II ; de Anjou, pretendente ao trono napolitano e en 1403 fíxose coroar como rei de Hungría. Despois de ocupar Roma (1408), foi expulsado polo antipapa Xoán XXIII, co apoio de Luís II de Anjou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lääni de Finlandia (93.057 km2; 189.288 h [estim 2001]). A capital é Rovaniemi.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen come moito.

    2. Que ou quen goza moito dos doces.

    3. Que ou quen é pillo e carece de vergoña.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Laponia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Laponia.

      1.   Relativo ou pertencente ao pobo lapón ou á súa lingua.

      2. Individuo do pobo lapón.

      3. Pobo de orixe discutida, que habita no N de Suecia, Noruega e Finlandia e na península de Kola, en Rusia, por riba do Círculo Polar Ártico. Constitúe un problema antropolóxico a causa das súas características físicas. Algúns antropólogos consideran que pertencen a unha rama illada da etnia alpina, outros considérana unha etnia con trazos pre-europeos, chamada etnia lapónida. Son sedentarios e dedícanse á pesca, á caza e á agricultura, pero algúns grupos son aínda nómades e practican a gandería de renos. A súa sociedade é patriarcal.

    1. Lingua finoúgria do phylum urálico que se fala en Noruega, Suecia, Finlandia e Rusia. Son trazos característicos do lapón o número dual, a flexión interna para expresar determinadas oposicións morfolóxicas e a distinción entre forma atributiva e forma predicativa do adxectivo. Os dialectos lapóns, profundamente diversificados, padecen a influencia léxica e sintáctica das respectivas linguas oficiais. Os primeiros textos escritos en lapón son publicacións relixiosas e abecedarios do s XVII. As primeiras gramáticas do lapón foron as de P. Fiellström Grammatica Lapponica (1738), H. Ganander Grammatica Lapponica (1743) e K. Leem  En Lappisk Grammatica (1748), e o primeiro dicionario, o de Stockflern, en Cristianía en 1850. O cultivo literario consolidouse a partir da década de 1930, coas publicacións da Sociedade Lapona de Cultura e a fundación, en 1979, da Asociación de Escritores Lapóns. Destaca a obra do poeta Paulus Utsi (1918-1975). OBS: Tamén se denomina saami.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do N de Europa, dividida entre Noruega, Suecia, Finlandia e Rusia, con límites de difícil definición. As montañas, de orixe caledoniana, están moi erosionadas e a costa está seccionada por profundos fiordes. Abundan os lagos morénicos, como o Inari. Os ríos que desembocan no mar de Noruega e no Océano Ártico son de curso breve e rápido, mentres que os do Báltico son máis longos e caudalosos, como o Kemi e o Muonio, ricos en salmóns e troitas. As temperaturas son inferiores aos 0°C durante seis ou sete meses. O inverno é longo e o sol está por debaixo do horizonte. O verán é curto e o sol loce continuamente de maio ata mediados de xullo. As precipitacións son moderadas, pero a neve cobre o solo algúns meses. O N está cuberto de tundra, e o S de bosques de coníferas. Só nos vales cultivables (patacas e forraxe) ou con rabaños de bovinos hai establecementos permanentes, así como nos centros mineiros e comerciais. O principal recurso da rexión son os xacementos de ferro das montañas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á etnia lapónida.

    2. Individuo da etnia lapónida.

    3. Etnia do grupo leucodermo con algunhas afinidades co grupo xantodermo. Moitos antropólogos non o aceptan e admiten que os seus individuos pertence de feito á etnia alpina.

    VER O DETALLE DO TERMO