Indianapolis
Indianapolis
Capital do estado de Indiana, EE UU, situado na confluencia do río Fall co White (791.926 h [2000]). Fundada en 1820, converteuse en capital do estado en 1821. É un importante mercado e núcleo industrial. O seu circuíto automobilístico, inaugurado en 1909, é o principal escenario dos deportes de motor no país, onde se celebra cada ano, entre outras probas, as 500 millas de Indianapolis.