"BAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1242.
-
PERSOEIRO
Embriólogo, irmán de Arthur James Balfour. As súas obras Development of the elasmobranch fishes (Desenvolvemento dos peixes elasmobranquios, 1878) e, sobre todo, Comparative embryology (Embrioloxía comparada, 1880-1881), constitúen unha das contribucións máis valiosas á embrioloxía do seu tempo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos balineses ou á súa lingua.
-
Individuo da tribo bali.
-
Tribo guerreira das terras altas do Camerún Central, ao sueste do Tibati.
-
Lingua que pertence ao grupo adamua-ubanguiá da familia nixer-kordofanesa.
-
-
CIDADES
Cidade do estado de Bengala Occidental, na India, á beira do río Huglí (181.978 h [1991]). Na actualidade constitúe un suburbio de Calcuta.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa e provincia de Indonesia (5.561 km2; 2.902.200 h [estim 1995]). A súa capital é Denpasar. Está separada da illa de Xava polo estreito de Bali e da illa de Lombok polo estreito do mesmo nome. Os seus recursos económicos principais son a agricultura e a gandería. No s X estableceuse unha dinastía independente de Xava. A mediados do s XIV a illa foi sometida polo Reino xavanés de Majapahit. Ao contrario que Xava, Bali non adoptou o Islam e permaneceu hinduísta. Cando o Reino de Majapahit esmoreceu (s XV), Bali converteuse en refuxio de moitos xavaneses non conformes coa doutrina islámica. A Compañía Neerlandesa das Indias Orientais, atraída polo tráfico de escravos, empezou a tomar posesión da illa, pouco a pouco, ata alcanzar a súa ocupación total no ano 1908. En 1949, a illa entrou a formar parte do estado holandés de Indonesia Oriental, e no ano 1950 pasaría a formar parte da República de Indonesia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Seguiu a liña de Galileo, co que mantivo correspondencia. Foi un dos primeiros en diferenciar claramente a masa e o peso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome con que os escritores grecorromanos coñecían o arquipélago balear, agás as illas de Eivissa e de Formentera, ás que chamaban Pityussae ou Pityusae (Pitiusas).
-
PERSOEIRO
Filósofo. Profesor da Universidade da Sorbona, foi un dos máis estreitos colaboradores de Althusser, con quen escribiu Lire le Capital (Para ler o Capital, 1967). É un dos máximos expoñentes do pensamento marxista contemporáneo, sobre todo no eido da epistemoloxía: Cinq études du matérialisme historique (Cinco ensaios de materialismo histórico, 1974). En traballos posteriores, como Les frontières de la démocratie (As fronteiras da democracia, 1990), centrou a súa reflexión na refundación teórica do marxismo e nos problemas que máis preocupan á esquerda trala caída dos réximes de “socialismo real”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo e político, fundador da Liga Nacional polaca e activista que espertou a conciencia nacional. Viviu case sempre exiliado e escribiu sobre psicoloxía e política. É autor, entre outras obras, de Egoism narodowy wobec etyki (O egoísmo nacional baixo o aspecto ético, 1914).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENSEADAS
Enseada do litoral atlántico da península do Barbanza, na parroquia de Corrubedo, concello de Ribeira, situada entre a punta do Corgo, ao N, e a punta Laxe da Ría, ao S.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor que formou parte do elenco do Teatro da Arte de Moscova entre 1906 e 1911. Na compaña de Nikolaj Tarasov creou o Teatro do Morcego (1908-1920), que constituíu unha das primeiras propostas de teatro de cabaré de Rusia. As súas funcións consistían en improvisacións e divertimentos escénicos nos que mesturaban números musicais con mimodramas, todo tipo de dramatizacións e parodias a partir de números de ópera ou sobre textos de Aleksandr Sergejevič Puškin, Mikhail Jurjevič Lermontov ou Nikolaj Vasil’evič Gogol’. En 1920 a compañía trasladouse a París co nome de Chauve-Souris e, posteriormente, realizou xiras polo Reino Unido, EE UU ou España, onde gozou do favor do público e de críticos tan dispares como José Ortega ou Luís Buñuel. En París instalouse no Teatro Fémina, local que visitou Castelao durante a súa viaxe de estudios por Europa e no que se inspirou para imaxinar un Teatro de Arte para Galicia asentado nas propostas da compañía rusa.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do il de Balikesir, Turquía, na rexión de Mármara e Costa do Exeo (189.702 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Turquía, na rexión de Mármara e Costa do Exeo (14.456 km2; 978.900 h [1990]). A súa capital é Balikesir.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Kalimantan Oriental, Indonesia, na costa oriental da illa de Borneo (309.492 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo e historiador da Antigüidade romana, foi profesor nas universidades de Valladolid e de Santiago de Compostela, onde fundou o Seminario de Arqueoloxía. As súas primeiras investigacións centráronse sobre a casa romana en Hispania, aínda que posteriormente realizou numerosos estudios sobre arqueoloxía romana peninsular (mosaicos, escultura, cerámica, etc). Entre outras, cómpre salientar as súas seguintes obras: Pintura helenística y romana (1961), Sobre los mosaicos romanos en Galicia (1971), Casa y urbanismo en la España Antigua (1971), Galicia y el comercio atlántico en época romana (1971), Economía de la España romana (1972), Aspectos y problemas de la Galicia romana (1973). Así mesmo, colaborou na Nueva historia de España en sus textos (1977). Entre 1955 a 1968 foi membro da Escuela Española de Historia y Arqueología de Roma. Foi secretario do Instituto Español de Arqueología Rodrigo Caro e membro das Reales Academias...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Na época anterior á Guerra Civil española designaba a aquel neno que formaba parte da Falange Española. Este termo puidera ter a súa orixe no termo italiano que designa a institución paramilitar fascista italiana do mesmo nome que educaba e adestraba nenos de 8 a 14 anos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Giovanni Batista Perasso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do apelido Valín; este, así mesmo, constitúe unha variante de Valiño e remite a Valiña, apelido de orixe toponímica, diminutivo da voz común val.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do apelido Valiña; presenta un b- non etimolóxico, fenómeno de confusión gráfica frecuente en apelidos deste tipo. Trátase dun apelido de orixe toponímica, diminutivo de val que presenta o xénero feminino herdado directamente do latín. Outros apelidos relacionados con este, que presentan o xénero romance son Valiño e Valín.
-
GALICIA
Ensaísta, investigador e catedrático de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Publicou estudos sobre a cultura galega e o pensamento filosófico de diferentes intelectuais galegos. Ao redor da figura de Amor Ruibal escribiu El pensamiento de Amor Ruibal: una revisión de la filosofía a la luz de la correlatividad (1968). Ademais, editou a obra de Amor Ruibal Los problemas fundamentales de la filosofía y el dogma (1993) e coordinou o volume colectivo Amor Ruibal en la actualidad (1972). Outras obras súas son Rosalía de Castro entre a poesía e a política (1987) e Descubrindo a Otero Pedrayo (1991). Así mesmo, editou as Obras selectas I e II (1973 e 1983) de Otero Pedrayo e coordinou o libro Pensamento galego I (1977). Dende o seu posto docente promoveu a fundación das licenciaturas de Filosofía, Pedagoxía...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela. O seu traballo de investigación, centrado na historia social e política durante a Idade Media en Galicia, expúxoo en diferentes libros e artigos, entre os que cómpre salientar os seguintes: Defensores e traditores: un modelo de relación entre poder monárquico e oligarquía na Galicia altomedieval, 718-1037 (1988), Do mito á realidade: a definición social e territorial de Galicia na alta Idade Media, séculos VIII e IX (1992), As razóns dun nome: Pobra do Caramiñal (1992), escrito en colaboración con Ana Boullón Agrelo, e Gallegos del año mil (1998). É membro da Sociedade Española de Estudios Medievais e editor-correspondente de Early medieval Europe.
VER O DETALLE DO TERMO