"Bol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

    1. Masa de materia cósmica que procede da fragmentación dalgún corpo celeste e que atravesa a gran velocidade a atmosfera terrestre para, ás veces, estalar producindo aerólitos.

      1. Automóbil de competición ou calquera outro vehículo automóbil que alcanza unha gran velocidade.

      2. Obxecto que se move a gran velocidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que xurdiu na comarca de Cuntis e Moraña (Pontevedra) en 1918. Cando Xosé Vázquez Grela conseguiu o control da sociedade de labradores de Cuntis pasou a dirixir esta publicación agrarista de tendencia anticaciquista. Este boletín alonga a súa existencia ata 1922, data na que se converte nun quincenario agrarista de Moraña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario agrarista editado en Santiago de Compostela a partir de 1916. Foi dirixido por Antonio Bello Varela. Aínda que se imprimía na cidade de Santiago, os contidos pertencían tamén aos concellos de Teo e Conxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario agrarista aparecido en Vilagarcía de Arousa en 1916. Trátase do voceiro da Federación Agraria del Distrito. Un dos temas que tratou con máis intensidade na súa saída foi o das críticas contra a colocación dunha estatua de Montero Ríos nunha praza de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario agrarista aparecido a raíz das loitas locais no partido xudicial de Caldas de Reis, na provincia de Pontevedra; ao radicalizarse estas, a organización agraria fundiuse nunha Federación en 1917. A abundancia de prensa local neste período reflicte claramente a loita política interior. Esta publicación naceu desta lóxica complexa para converterse no voceiro do agrarismo nos municipios de Moraña, Cuntis, Barro e Valga. Aínda que os labregos destes distritos pertencían á federación de Caldas, como non se consideraban debidamente apoiados, decidiron sacar El Bólido á rúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utensilio manual que se emprega para escribir. Está provisto dun depósito de tinta viscosa en forma de tubo fino que se pecha nun extremo cunha bóla de aceiro de menos dun milímetro de diámetro que, ao premer e rodar sobre a superficie na que se escribe, deixa pasar a tinta, que sae do depósito e molla a parte exterior da bóla. OBS: Nun rexistro coloquial tamén se emprega a forma apocopada boli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga das palilleiras que designa ‘o nome dado a unha clase de encaixe para distinguilo do feito coa agulla ou á máquina’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza torneada, de madeira de amieiro, buxo ou nogueira, duns 10 cm de longo, máis ou menos ancho, que se utiliza para realizar encaixes e puntillas.

    2. Ferramenta que utilizan os douradores que consiste nunha vara de madeira cunha punta afiada. Nos procesos de policromía de esculturas ou retablos utilízase para raiar a capa de pintura, eliminala e debuxar motivos ornamentais ao deixar ver o dourado subxacente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cabo que serve para halar cara á proa a relinga de caída de barlovento das velas cadradas, cando se navega cinguindo, de xeito que o vento incida na vela para evitar que esta ondee.

    2. Cada un dos pequenos cabos que forman a araña e se utilizan para soster os chinchorros.

    3. Posición do barco respecto ao vento no que aquel recibe a este nunha dirección que forma un ángulo de seis cuartos, ou menos, coa proa. OBS: Xeralmente se utiliza na expresión ir de bolina ou navegar de bolina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político tory inglés. Tivo unha actuación decisiva no Tratado de Utrecht (1713). Acusado de conspiración a favor de Xacobe Estuardo, fuxiu a Francia, onde foi ata 1715 secretario de Estado do pretendente á Coroa. Escribiu Reflections upon Exile (Reflexións sobre o exilio, 1716) e Idea of a patriot King (A idea dun rei patriota, 1749).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de ctenóforos peláxicos de corpo piriforme, de ata 15 cm de lonxitude, con tentáculos ramificados e retráctiles, e dúas láminas vibrátiles a cada lado da boca. Están presentes no Mar Mediterráneo e no Océano Atlántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo romanés. A súa poesía Melodii române (Melodías romanesas, 1858) influíu na vida política do seu país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moeda de curso legal de Venezuela que toma este nome en honor de Simón Bolívar. Entre 1879 e 1965 foi moeda de prata, pero a partir desa data pasou a ser de níquel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado federado de Venezuela (238.000 km2, 1.122.975 h [estim 1995]). A capital é Ciudad Bolívar. Está ocupado na súa maior parte polo macizo oriental da Guyana. A cunca hidrográfica principal é a do río Orinoco e os seus afluentes (Caura e Caroni) e a do río Cuyuni. O clima é tropical. A economía está baseada principalmente na minería: manganeso e, sobre todo, ferro procedende de Cerro Bolívar e El Paso. As terras do interior están poboadas por diversos grupos amerindios. As cidades máis importantes son Puerto Ordaz e Ciudad Bolívar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Colombia (25.978 km2; 1.439.291 h [estim 1997]). A súa capital é Cartagena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Ecuador (3.940 km2; 178.706 h [1997]). A súa capital é Guaranda (15.730 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Zoólogo e político. Catedrático da Universidad de Madrid ata 1939. Foi membro do padroado da Universitat Autònoma de Barcelona (1933), en representación do goberno da República e secretario da Presidencia da República Española entre os anos 1936-1939. Marchou exiliado a México, onde exerceu como profesor no Instituto Politécnico Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entomólogo especialista en ortópteros. Catedrático de Entomoloxía na facultade de Ciencias da Universidad de Madrid (1877), foi director do Museo Nacional de Ciencias Naturales e do Jardín Botánico de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Montaña do estado de Bolívar, en Venezuela, ao N do macizo da Guyana (802 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciudad Bolívar.

    VER O DETALLE DO TERMO