"Cid" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 848.

    1. Calidade de elástico.

      1. Propiedade dos materiais que se manifesta pola desaparición das deformacións producidas por forzas exteriores de intensidade inferior a un certo límite, ao deixar de actuar sobre eles estas forzas.

      2. teoría da elasticidade

        Rama da física que estudia a mecánica dos corpos sólidos considerados como medios continuos, isto é, que estudia a relación entre as forzas que actúan sobre un corpo e a deformación que lle producen. É unha teoría microscópica, xa que se interesa só polo comportamento do conxunto das moléculas que forman o corpo ou unha parte do corpo. Hai que considerar que as forzas ou tensións internas exercidas sobre unha parte do corpo polas partes veciñas, actúan soamente na superficie daquela parte. A análise vectorial demostra que isto é posible se a forza resultante se pode considerar como a diverxencia dun tensor de segunda orde, que recibe o nome de tensor de tensións. Baixo a acción das forzas exteriores, os sólidos defórmanse, é dicir, cambian de forma e volume. Pódese atopar a distancia entre dous puntos despois da deformación, en función da posición orixinal e dun tensor de segunda orde que se chama tensor de deformación. Entre o tensor de deformación e o tensor de tensións hai unha relación...

    2. Índice que mide a variación que experimenta unha variable fronte aos cambios doutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dunha substancia que presenta comportamento elástico e plástico ao mesmo tempo. A substancia pode presentar zonas de características elásticas e zonas de características plásticas. Preséntase, polo xeral, en corpos elásticos sometidos a unha tensión superior á establecida polo seu límite elástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido que se atopa, en estado libre ou combinado, nos bugallos, na codia das aciñeiras e nalgunhas especies de eucaliptos. Ten unha acción astrinxente, evita o avellentamento precoz e actúa como axente inhibidor de certas substancias canceríxenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia semellante ao ácido tánico que se extrae da semente do dividivi e da raíz da milgrandeira. É un po amarelo que se emprega no curtido da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de fenómenos asociados á presenza de partículas cargadas electricamente, en repouso ou en movemento. Está suxeita á lei de conservación e constitúe unha das formas posibles de enerxía.

      2. electricidade estática

        Fenómeno eléctrico ocasionado por un exceso (electricidade negativa) ou un defecto (electricidade positiva) de electróns en repouso nunha determinada materia, en relación ao número de protóns nos átomos que a compoñen.

    1. Parte da física que estudia os fenómenos eléctricos. Considérase que os fenómenos eléctricos se deben á existencia das cargas eléctricas. A explicación dos fenómenos eléctricos dun corpo radica no estado dos seus átomos. Un átomo está en estado neutro, isto é, non presenta actividade eléctrica, cando o número de electróns (carga negativa) coincide co número de protóns (carga positiva). Hai dous tipos de estado eléctrico: o estado positivo, producido por un defecto de electróns nos átomos constitutivos do corpo, e o estado negativo, debido a un exceso de electróns. En correspondencia con iso, as forzas eléctricas, que actúan a distancia e dependen inversamente do cadrado da distancia, poden ser de atracción ou de repulsión. O espazo que envolve unha carga eléctrica constitúe un campo eléctrico. Os electróns pódense desprazar libremente a través dun corpo condutor e constitúen unha corrente eléctrica. Esta dá lugar a unha serie de efectos de grande aplicación técnica: caloríficos, químicos...

    2. Corrente ou fluído eléctrico.

    3. Instalación eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de elucidar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Explicar ou pór en claro algún asunto ou cuestión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro que esclarece cousas escuras ou difíciles de entender.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás cintas, liñas ou calquera tipo de ornamento dunha figura cando teñen un esmalte diferente ao seu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos emberícidos.

    2. Ave da familia dos emberícidos.

    3. Familia de aves á que pertencen as escribentas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa creada polo antigo Instituto Nacional de Industria (INI) en 1944 para a produción de enerxía eléctrica. En 1945 iniciouse a construción da central térmica de Compostilla, en Ponferrada. En 1972   fusionouse con Hidrogalicia e ao longo desta década adquiriu varias explotacións mineiras e puxo en marcha centrais térmicas nas Pontes, Andorra (Teruel) e Litoral (Almería). En 1983   constituíuse o grupo Endesa e a empresa   reforzouse a consecuencia do intercambio de activos no sector eléctrico, que se acordou en decembro de 1984, e realizou, entre outras operacións, a adquisición de porcentaxes das empresas Electra de Viesgo, Fecsa, Sevillana de Electricidad e Tejo Energia (Portugal). Desde 1992 comezou a operar en Sudamérica, con investimentos en Arxentina e Chile, e obtivo a concesión do subministro de enerxía a Marrocos. Participou no mercado da telefonía, da comunicación e dos carburantes. O capital do Estado reduciu a súa participación ata a privatización total da empresa en 1998,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Castela e León (1369-1379), conde de Trastámara, fillo ilexítimo de Afonso XI e de Leonor de Guzmán, primeiro monarca da casa de Trastámara. Encabezou unha rebelión nobiliaria contra o seu irmán Pedro I (1352) e, apoiado economicamente por Aragón, Francia e o papa, contratou as Compañías Brancas de Bertrand du Guesclin. Penetrou en Castela e proclamouse rei en Calahorra (1366), pero Pedro I conseguiu a axuda dos ingleses e a loita dinástica converteuse nun episodio da Guerra dos Cen Anos. Derrotou a Pedro I en Montiel (1369), mais a loita contra os seus partidarios prolongouse en Galicia ata 1387, polos apoios locais, entre outros, do arcebispo Xoán García Manrique e de Pedro Fernández de Castro, e os estranxeiros de   Fernando I de Portugal e o duque de Lancaster. As recompensas que outorgou aos seus partidarios permitiron o enriquecimiento de, entre outras familias, os Mendoza, Velasco e Manrique, e o ascenso social do grupo dos cabaleiros, representados en Galicia por Fernán Pérez...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de equívoco.

    2. Carácter en virtude do que un concepto se aplica en dous sentidos distintos. Oposta á univocidade, a medio camino entre ambas está a analoxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Propiedade de ergódico.

    2. Propiedade dun proceso estocástico en que se poden determinar todos os parámetros probabilísticos (con probabilidade 1) dunha función calquera resultante do proceso. Esta propiedade se expresa, tamén, dicindo que as medianas probabilísticas coinciden coas temporais. En sentido amplo fálase de ergodicidade respecto á mediana, á desviación típica ou a calquera outro parámetro de interese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido graxo monoinsaturado que se localiza na graxa das sementes de diversas especies de plantas do xénero Brassica, nalgúns casos en proporcións bastante importantes como na colza. Pode producir certos trastornos cando se inxire en grandes cantidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao axente que destrúe o ácaro da sarna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos escíncidos.

    2. Réptil da familia dos escíncidos.

    3. Familia de réptiles escamosos da suborde dos saurios, de corpo cilíndrico e extremidades reducidas ou ausentes, de dimensións pequenas ou medianas, co tronco moi alongado e a cabeza aplanada. Son ovíparos ou vivíparos, especialmente diúrnos e de hábitats moi diversos. A maior parte das especies viven no chan, especialmente en medios areosos, aínda que existen especies arborícolas. Xeralmente son depredadores de invertebrados. Rexistráronse unhas 600 especies, distribuídas principalmente por Europa, Asia, África e, moi localizadamente, Sudamérica. A maior diversidade da familia dáse no sueste asiático, África subsahariana e Australia. A esta familia pertencen os esgonzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de esclarecer.

    2. Que é distinguido ou ilustre.

    3. Aplícase á peza que leva ventás, xeralmente edificacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos escolopácidos.

    2. Ave da familia dos escolopácidos.

    3. Familia de aves limícolas, da orde dos caradriformes, de pescozo e patas moi longas, ás normalmente rematadas en punta, e peteiro fino e longo. Presentan distintas plumaxes na época de reprodución e nos primeiros meses de vida. Algunhas especies pasan o inverno ao S da área xeográfica de cría, onde se poden concentrar en grandes bandos. Adoitan aniñar no chan. Os representantes desta familia reciben as denominacións populares de: arceas, becacinas, biluricos, combatentes, falaropos, mazaricos e pilros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos escombresócidos.

    2. Peixe da familia dos escombresócidos.

    3. Familia de peixes da orde dos ateriniformes ao que pertence o alcrique.

    VER O DETALLE DO TERMO