"Dis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 645.

  • Que ou quen disputa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Loitar por acadar algo ou a alguén.

    2. Participar nunha contenda ou competición.

    3. Discutir vivamente sobre algo.

    4. Competir con outro para conseguir algo que as dúas partes pretenden.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Debate dialéctico no que se enfrontan dúas visións distintas dun mesmo concepto ou realidade. Cada un dos opoñentes defende a súa postura mediante unha argumentación que se basea nunha ampla mostra de probas que apoien a tese presentada, fronte a refutacións explícitas ou non. As súas orixes remóntanse á declamatio practicada nas escolas romanas de retórica, e na Idade Media converteuse no método habitual de debate oral ou escrito nas escolas. Tivo unha grande influencia nas exposicións técnicas dos tratados e, no eido da poesía, deu lugar nos ss XIII e XIV ao debate ou disputa. No s XVI foi moi común a polémica teolóxica sostida entre xudeus e cristiáns de forma oral e pública. A iniciativa partía do lado cristián, por iso moitos predicadores ou conversores solicitaron licencias reais para poder sermonear ou disputar nas súas sinagogas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma que se utiliza para expresar a opinión xeral ou o que se comenta sobre unha cousa determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida no Grove en outubro de 1983, subtitulada “Boletín informativo del Ilmo Ayuntamiento de O Grove”. Editada polo propio concello na Imprenta Guardesa, incluía as seccións: “Permanentes”, onde figuran as actas dos plenos do concello, “Sociedad”, na que aparecen nacementos e vodas, “Ayuntamiento”, con información sobre o propio concello, “Deportes” e “Ecoloxía”, no que colaborou Estanislao Fernández de la Cigoña. Ademais engadía información relativa aos cámpings, ás festas do Carme, ao Camiño de Santiago e á lonxa, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disco flexible de pequeno tamaño que se utiliza como soporte magnético portátil para o almacenamento de datos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo dos ordenadores a través do que se poden ler ou gravar os disquetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Investigación ou estudo sutil e moi rigoroso sobre algunha cuestión.

    2. Divagacións ou reflexións que alguén fai á parte do asunto que se está tratando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor, conde de Beaconsfield. Descendente dunha familia de xudeus, foi elixido membro do Parlamento inglés en 1837. Politicamente, decantouse cara á tendencia radical do Tory Party e, en 1842, aproximouse ao movemento da Young England, ideoloxicamente definido como conservadorismo popular. Durante os primeiros anos da súa carreira política foi un firme defensor do proteccionismo, pero acabou aceptando o libre cambio como un feito consumado e intentou que o proteccionismo deixase de ser unha das consignas do conservadorismo. Foi chanceler do Exchequer (ministro de Finanzas) en tres ocasións (1852, 1858-1859 e 1866-1867) e primeiro ministro de febreiro a decembro de 1868. En 1872 estableceu as bases do Conservative and Unionist Party. Ocupou novamente o cargo de primeiro ministro (febreiro de 1874-abril de 1880) e foi líder do partido ata a súa morte. Como primeiro ministro realizou importantes reformas sociais, entre outras destacan a lei sobre saúde pública e a redución da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica retórica que consiste na ocultación de información necesaria para comprender un asunto na súa totalidade, polo que se produce un efecto de desconcerto no receptor. Permítelle ao falante non expresar os propios pensamentos e impresións, ou as súas verdadeiras intencións. Desenvólvese por medio de varios recursos: a ironía socrática, que emite preguntas sen facilitar a propia opinión; a perífrase e a lítote, que encobren as propias ideas; e as fórmulas de cortesía ou o plural de modestia, que contribúen a esconder a identidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á parte dun membro ou dun órgano que está máis afastada da liña media do corpo do organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Espacio existente entre unha persoa ou cousa e outra.

      2. Período de tempo que existe entre dous feitos ou acontecementos.

      3. distancia directa

        Distancia encontrada por cálculo entre dúas posicións do navío.

      4. distancia estimada

        Distancia obtida mediante o cálculo da estima.

      5. distancia observada

        Distancia conseguida resolvendo os triángulos esféricos dunha ou varias observacións astronómicas.

    1. Afastamento afectivo ou ideolóxico na relación entre persoas.

      1. Diferencia destacable de valor ou rango entre persoas ou cousas.

      2. Separación que se mantén, especialmente no comportamento, con relación a unha persoa, un grupo ou un estrato social, en consideración da diferenza de grao ou condición social existente.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Espacio existente entre unha persoa ou cousa e outra.

      2. Período de tempo que existe entre dous feitos ou acontecementos.

      3. distancia directa

        Distancia encontrada por cálculo entre dúas posicións do navío.

      4. distancia estimada

        Distancia obtida mediante o cálculo da estima.

      5. distancia observada

        Distancia conseguida resolvendo os triángulos esféricos dunha ou varias observacións astronómicas.

    1. Afastamento afectivo ou ideolóxico na relación entre persoas.

      1. Diferencia destacable de valor ou rango entre persoas ou cousas.

      2. Separación que se mantén, especialmente no comportamento, con relación a unha persoa, un grupo ou un estrato social, en consideración da diferenza de grao ou condición social existente.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de distanciar ou distanciarse.

      2. Situación de persoas que están distantes.

    1. Concepto dramático proposto por Bertolt Brecht, que fai referencia a un efecto oposto á identificación emocional provocada pola ilusión teatral e pola escena naturalista e figurativa, que procura a desalienación do espectador respecto da escena e dos mundos nela reflectidos. Este feito provocaría, en principio, unha toma de conciencia e unha maior implicación real nunha realidade social sempre conflitiva. Co obxectivo de provocar esa distancia necesaria entre o espectador e o mundo da escena, Brecht aposta pola presentación fronte á representación, para o que establece pautas interpretativas que incidan na permanente ruptura das vellas convencións e na distancia entre o actor e o personaxe que interpreta, e estratexias dramatúrxicas como a construción da trama a partir de pequenas escenas, a incorporación dun narrador, o uso de cantigas, a proxección de imaxes ou os cambios de escenografía, coas que se pretende mostrar o carácter de ficción escénica, para que o espectador manteña sempre...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer a distancia ou separalas máis, cousas ou persoas que estaban xuntas.

    2. Afastar, afectiva ou ideoloxicamente, dúas ou máis persoas.

    3. Afastarse ou aumentar a distancia á que se encontraban cousas ou persoas que estaban xuntas.

    4. Afastarse, afectiva ou ideoloxicamente, persoas ou unha persoa doutra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de medición electrónica das distancias. Utiliza normalmente un raio luminoso (xeodímetro) ou unha radiación non visible (telurómetro).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está a unha determinada distancia espacial ou temporal.

    2. Que non manifesta interese no trato afectivo con outra ou outras persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estar unha cousa afastada doutra por unha determinada distancia de tempo ou espacio.

    2. Diferenciarse en maior ou menor medida unha cousa doutra. OBS: Nesta acepción vai acompañada da estrutura moito de.

    VER O DETALLE DO TERMO