distancia

distancia

(< lat distantĭa)

    1. s f

      Espacio existente entre unha persoa ou cousa e outra.

      Ex: A canta distancia estamos do mar? 

    2. s f

      Período de tempo que existe entre dous feitos ou acontecementos.

      Ex: Entre o primeiro e o segundo disco houbo unha distancia de dous anos. 

      Sinónimos: intervalo.
    3. distancia directa [MAR]

      Distancia encontrada por cálculo entre dúas posicións do navío.

    4. distancia estimada [MAR]

      Distancia obtida mediante o cálculo da estima.

    5. distancia observada [MAR]

      Distancia conseguida resolvendo os triángulos esféricos dunha ou varias observacións astronómicas.

  1. s f

    Afastamento afectivo ou ideolóxico na relación entre persoas.

    Ex: Tratou os parentes con moita distancia. A distancia entre nós é cada vez maior debido ó teu silencio. 

  2. s f
    1. Diferencia destacable de valor ou rango entre persoas ou cousas.

      Ex: Hai moita distancia entre o que eu penso e o que pensas ti. 

    2. [SOCIOL]

      Separación que se mantén, especialmente no comportamento, con relación a unha persoa, un grupo ou un estrato social, en consideración da diferenza de grao ou condición social existente.

  3. s f [MAT]

    Dado un conxunto E, aplicación d: ExE →O - que satisfai os seguintes axiomas: d(x,y)70, d(x,y) = 0 se e só se x = y, d(x,y) = d(y,x), d(x,z)8d(x,y) + d(y,z), ou sexa, a distancia é estritamente positiva, simétrica e cumpre a desigualdade triangular. Todo conxunto E no que hai definida unha distancia d é un espazo métrico, e d é a métrica do espacio.

  4. [ASTRON]
    1. distancia aparente de dous astros

      Ángulo determinado pola visual que pasa polo punto de observación e cada un dos astros considerados.

    2. distancia cenital dun astro

      Ángulo determinado pola visual que pasa polo punto de observación e polo astro considerado e a vertical do lugar de observación. Tómase o cénit como a orixe dos ángulos.

    3. distancia polar dun astro

      Distancia angular entre o polo, boreal ou austral, da esfera celeste e un astro, medida sobre o círculo horario deste.

  5. [TRANSP]
    1. s f

      Lonxitude, medida sobre o eixe dunha vía, do percorrido efectivo ou necesario para que un vehículo faga unha manobra determinada ou se cumpran certas condicións.

    2. distancia de adiantamento

      Distancia percorrida por un vehículo que fai un adiantamento, desde o lugar no que se aparta da súa traxectoria normal, co fin de sobrepasar o vehículo de adiante, ata o sitio no que ten a posibilidade de volver ao carril polo que circulaba.

    3. distancia de freada

      Distancia percorrida por un vehículo no tempo mínimo necesario que vai desde que o condutor se decata da necesidade de deterse ata que o vehículo queda freado.

    4. distancia de seguridade

      Distancia mínima que ten que haber entre dous vehículos que circulan a igual velocidade polo mesmo carril dunha vía para evitar a colisión en caso de freada.

    5. distancia de visibilidade

      Lonxitude, medida sobre o eixe dunha calzada, do tramo que hai diante dun vehículo e que resulta enteiramente visible, sen interrupción, desde a posición do condutor.

    6. distancia de visibilidade de adiantamento

      Lonxitude, medida sobre o eixe dunha vía, do tramo necesario para poder facer unha manobra de adiantamento en condicións estándar, sen que o condutor do vehículo que a fai perda a visibilidade en ningún momento.

    7. distancia de visibilidade de freada

      Lonxitude, medida sobre o eixe dunha vía, que debe haber, como mínimo, entre un obstáculo situado na calzada e o punto desde o que o condutor dun vehículo que circula en condicións estándar o pode ver sen interrupción ata a freada total do vehículo.

  6. [LIT]
    1. distancia estética

      Concepto definido por Hans Robert Jauss referido á distancia que existe entre os avances estéticos que impón unha obra literaria nova e as expectativas do público, previas á súa aparición. A aceptación das súas innovacións xera un cambio no chamado horizonte de expectativas dos lectores. Segundo isto, a historia da literatura progresa por medio da tensión ou oposición entre unha forma artística nova e outra vella, feito que produce frecuentes cambios de horizonte. Unha obra anovadora marca unha gran distancia fronte ás expectativas da súa época, sen embargo, co paso do tempo pode converterse en algo evidente para os lectores porque as súas achegas, xa coñecidas, forman parte da súa memoria literaria.

    2. distancia narrativa

      Afastamento máis ou menos acusado que existe entre o narrador e o material narrado. Pode ser de carácter espacial, temporal, moral, etc. O grao de subxectividade dun texto depende da implicación do narrador na acción; así, o narrador neutral ou obxectivo defínese pola súa nula implicación, isto é, por estar distanciado dos feitos narrados.

  7. [TECNOL]

    Distancia mínima que existe entre o punto onde se transmite unha onda de radio, e o punto desde onde é posible a súa recepción a través dunha onda atmosférica.

  8. [TECNOL]

    Grosor dun material que reduce á metade o valor da intensidade dun feixe de radiación.

  9. [XEN]

    Medida estatística das diferencias xenéticas entre dous individuos ou dúas poboacións. No ámbito molecular, representa o número de substitucións dos codóns de cada locus.

  10. [IND/ARTE]

    Elemento empregado nalgunhas cámaras que substitúe os números, e co que se indica a distancia de enfoque. Utilízase para obxectivos cun número limitado de posicións de foco; as opcións máis habituais son os retratos, os grupos e as paisaxes.

Frases feitas

  • A distancia loc adv De lonxe, que está lonxe ou que se realiza con certa distancia respecto a un punto de referencia. Ex: É difícil manter un amor a distancia. Desde que se lle avariou o mando a distancia non acende o televisor por non se levantar. Como non podía asistir ás clases realizou o bacharelato a distancia.

  • Gardar/manter as distancias Non permitir alguén que outra persoa se familiarice demasiado con ela.

Palabras veciñas

dissimulatio* | distal | distancia | distancia | distanciamento | distanciar | distanciómetro