"ERS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía mercantil inglesa. Fundouse en Londres (1407), e no período de máximo desenvolvemento (ss XV e XVI), conseguiu controlar case todo o comercio inglés. Derrogados os seus privilexios polo Parlamento en 1689, foi disolta en 1806.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión inglesa que significa ‘fusións e adquisicións’, dedicada á actividade de asesoramento e execución de operacións de fusión ou absorción de empresas, que se realiza por sociedades profesionais, os merchant banks, e entidades financeiras que faciliten o financiamento. O proceso esixe unha información e unha avaliación empresarial completa, tomas de contacto no mercado, negociacións e execucións.
-
-
PERSOEIRO
Científico francés. Sen abandonar os seus deberes relixiosos como freire mínimo, dedicouse intensamente ao cultivo das ciencias positivas, seguindo as pegadas de Galileo. Tivo achegas orixinais en mecánica (lei do péndulo) e sobre todo en acústica (leis das cordas vibrantes e lei da velocidade do son mediante eco).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Inglaterra (115 km). Nace nos montes Peninos e desemboca no mar de Irlanda nun amplo esteiro, á beira do que se atopan as cidades de Liverpool e Birkenhead.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado metropolitano de Inglaterra (655 km2; 1.403.400 h [estim 2000]). A súa capital é Liverpool. Ata 1974 formou parte de Lancashire e a partir de 1986 as funcións administrativas repartíronse entre as diferentes autoridades locais.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do il de Içel, na rexión de Costa do Mediterráneo, Turquía (501.398 h [1997]), que está situada na costa mediterránea. É un centro comercial da chaira de Cilicia e posúe unha refinaría de petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro aeronáutico alemán. Estudou enxeñaría en Múnic e despois de deseñar veleiros e planadores, dedicouse á fabricación de avións civís en Bamberg. A partir de 1927 foi enxeñeiro principal en Bayerische Flugzeugwerke AG, que contribuíu á creación dos cazas alemáns. Despois da guerra, traballou no Estado español na empresa CASA. En 1969 construíu en Alemaña a Messerschmitt-Blohm GmbH.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ioduro de prata, de fórmula (Cu,Ag)I, que cristaliza no sistema cúbico e é de cor amarela. Ten dureza 2,5 e peso específico 5,64-5,68.
-
CIDADES
Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña (106.837 h [2000]). É unha cidade mineira que desenvolveu unha industria importante. Conserva unha torre de garda do antigo castelo (s XIV).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xa de Persia (1834-1848), neto e sucesor de Fath ‘Alī Shāh. Pertencía á dinastía qajarita. Asinou o Tratado de Erzurum en 1847 con Turquía, en que se delimitaba a fronteira turco-persa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico estadounidense. Colaborou nun proxecto para o desenvolvemento da bomba atómica durante a Segunda Guerra Mundial e ideou un método para separar isótopos distintos do mesmo elemento químico mediante centrifugación e evaporación. Creou a teoría dos orbitais moleculares, polo que obtivo o Premio Nobel de Química en 1966.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario publicado en Madrid a partir de 15 de xaneiro de 1857. Subtitulouse “Periódico de ciencias, literatura, artes, industria y conocimientos útiles”. Impreso nos obradoiros tipográficos de Gaspar Roig, contou coa colaboración de destacados intelectuais da época, como Gustavo A. Bécquer ou Manuel Murguía, autor dunha biografía de Puente Brañas e dun artigo sobre a poesía contemporánea galega. Ademais, incluíu textos breves de Bieito Vicetto e Rosalía de Castro.
-
PERSOEIRO
Xa de Persia, fillo e sucesor de Mu ḥ ammad Shāh. Polo Tratado de París (1857) renunciou ás súas reivindicacións en Afganistán pero posteriormente conseguiu unha parte de Sīstān (1872). Procurou o desenvolvemento económico do país, freado sobre todo pola carencia de recursos. O intento de monopolizar o tabaco provocou numerosas revoltas e morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Quersoneso, actual Crimea? - ?) Mártir. Morreu xunto con outros 8 mártires. A súa festividade celébrase o 4 de marzo.
-
CAPITAIS
Capital do departamento de Nièvre, Borgoña, Francia, situada preto da confluencia do Loire co Nièvre (40.932 h [1999]). Posúe industria de porcelana (importada de Italia no s XVI). Durante a época merovinxia (s V) foi unha importante sé episcopal e desde o s IX foi sede do condado de Nevers (despois ducado), que en 1669 foi anexado á Coroa de Francia. O edificio máis importante é a igrexa de Saint-Étienne (1083-1097).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado do NL de EE UU, situado na costa atlántica (20.169 km2; 8.414.350 h [2000]). Limita ao S coa baía de Delaware, ao O con Pennsylvania e ao N con New York. A capital é Treton. Os extremos N e O son máis montañosos mentres que o resto forma parte da planicie costeira. O clima é morno e húmido. O río Delaware, ao O, e o Hudson, ao NL, sérvenlle de fronteira estatal. O 90% da poboación é urbana e as cidades máis importantes son Newark, Atlantic City e a capital. A agricultura ten pouca importancia aínda que posúe gandaría. O nivel de industrialización é moi alto e destacan as fundicións, a industria química (é o primeiro centro de EE UU), a alimentaria, a téxtil, a produción de maquinaria e a construción naval. Habitada polos indios delaware, as costas do territorio foron percorridas por G. da Verrazzano (1524) e Henry Hudson (1609). Colonizado polos holandeses en 1655, foi conquistado polos ingleses en 1664 e uniuse á loita independentista en 1776.
-
VER O DETALLE DO TERMO
lei da atracción universal.
-
CIDADES
Cidade do land de Hamburgo, Alemaña, situada ao N da aglomeración urbana de Hamburgo (67.900 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido (373 km2; 191.100 h [estim 2001]).
VER O DETALLE DO TERMO