"Fernán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 808.
-
PERSOEIRO
Periodista e político, fillo do impresor Miguel Fernández de Dios. Dirixiu o xornal La Concordia (1903). Foi alcalde de Vigo entre xuño de 1909 e xaneiro de 1910 e deputado provincial durante tres lexislaturas (1905-1910). Colaborou na Liga de Defensores de Vigo e na Unión de Entidades Viguesas. Presidiu a Asociación da Prensa e foi membro da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista, autor e director teatral. Estivo vinculado ao grupo de teatro Espacio Cero, co que colaborou activamente entre 1982 e 1988 e, posteriormente, coas compañías Cambaleo e La Tartana, colectivos fundamentais na renovación escénica madrileña nos anos oitenta. Foi redactor da revista El Público.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Franciscano. Foi misioneiro en Marrocos e colaborou na prensa baixo o pseudónimo de Africano Fernández. Publicou España en África y el peligro judío. Apuntes de un testigo desde 1915 hasta 1918 (1918) e Piadosos ejercicios del Via Crucis (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Psicopatóloga. Estudiou medicina e especializouse en psicoloxía, psicoloxía médica e psicopatoloxía experimental. Obtivo a cátedra de Psicopatoloxía da Universidad Complutense de Madrid. Foi asesora, guionista e presentadora do programa de Televisión Española Hablemos de sexo (Premio Ondas 1990). En 1994 trasladouse a Cambridge para dar clases de psiquiatría nesa universidade. É autora de Doscientas preguntas sobre sexo (1991) e La depresión (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro, empresario e filántropo. Despois de titularse como enxeñeiro de camiños, canais e portos (1931), traballou para a Compañía Ferrovial e proxectou os túneles do ferrocarril entre Ourense e Santiago de Compostela. Despois da morte de seu pai, Antonio Fernández Fernández, xunto con algúns de seus irmáns botaron man da herdanza empresarial. Neste sentido, fundaron a empresa Zeltia SA (3.8.1939), localizada no Porriño, Frilugo (1941), Transportes Ferroviarios Especiais (TRANFESA, 1942) e Cementos Noroeste SA (1958). Pero, ademais de empresario, foi o patrocinador de numerosas iniciativas culturais e docentes. Así, o 1 de febreiro de 1948 inaugurou a Escola Agrícola da Granxa de Barreiros en Ortoá (Sarria), baixo a dirección do mestre Avelino Pousa Antelo, que tiña como obxectivo a transformación social e económica de Galicia a través da educación. Tamén, para impulsar o desenvolvemento rural de Galicia, promoveu e organizou cursos de formación agropecuaria...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Estudiou maxisterio e foi correspondente de El Ideal Gallego, Faro de Vigo e El Progreso; neste último xornal publicou parte das súas crónicas e artigos. Colaborou tamén coa COPE e coa SER, e presentou en Radio Foz o espazo cultural Os teus libros. En 1962 fundou a revista A Rapadoira, e posteriormente os periódicos Rompeolas e Despertar. Promoveu e dirixiu a Feira de Arte Popular Galega. Escribiu San Martín de Mondoñedo: Guía histórica y artística (1976), Foz, un lugar de ensueño (1991) e Foz: o mar e as xentes (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario e filántropo. Licenciado en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid, continuou o labor empresarial familiar e fundou as empresas Zeltia, Industrias Frigolouro, TRANFESA (Transportes Ferroviarios Especiales), e Pescanova, entre outras, e patrocinou numerosas iniciativas socioculturais. Foi distinguido coa Gran Cruz del Mérito Agrícola, a Gran Cruz y Encomienda de la Orden del Mérito Civil, a Medalla de Plata del Mérito al Trabajo e coa Medalla de Alfonso X el Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xefe de deseño de El Correo Gallego. Realizou estudios de bioloxía e ciencias da educación. Foi xefe de deseño do dominical de El Periódico de Catalunya en Barcelona. Ilustrou os libros Cantigas de Amor Vilao, de Darío X. Cabana, O camaleón solteiro, de Camilo J. Cela, e Sonetos ao outono e Compendio de orballos e incertezas, de Manuel María. Recibiu o primeiro premio de fotografía no concurso Patrimonio Artístico de Galicia do COAG (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Da súa produción destaca Mar do cerne (1987), Son media ducia e parecen cen (1991) e As flores do meu amigo (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1978), exerceu como médico ata a súa elección como alcalde de Pontevedra (1999) polo BNG, agrupación pola que fora elixido concelleiro en Samos (1983) e Pontevedra (1987), e na que formou parte do Consello Nacional e da Permanente.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Estudiou medicina nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid. En 1856, ano en que obtivo o doutoramento, ingresou no exército como médico militar e foi destinado ao Hospital Militar de Madrid. Destacado cirurxián durante a guerra de África, foi médico da Raíña Isabel II e do Rei Afonso XIII. En 1867 foi elixido deputado a Cortes pola circunscrición de Ourense. Tamén foi inspector xeral de sanidade en Cuba e fundador do Museo Anatómico y Patológico do Hospital Militar de Madrid. Escribiu varios libros e artigos científicos sobre medicina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arquitecto. Catedrático de Construcións Arquitectónicas na Escola Superior de Arquitectura da Coruña. Das súas obras destacan a ampliación das escolas Labaca (A Coruña), o complexo parroquial de Vite (Santiago de Compostela) e a sede da Policía Autonómica no polígono das Fontiñas (1993). Colaborador do Boletín Académico da ETSA e en Obradoiro, escribiu La galería en Galicia como elemento de arquitectura del agua (1989). Foi coautor, entre outros, de Xosé Bar Bóo arquitecto (1996), Galicia, caminos de piedra y agua (1998) e Rodolfo Ucha Piñeiro y la arquitectura de Ferrol (1909-1949) (2000).
-
GALICIA
Pintor. De formación autodidacta, a súa obra caracterízase polos trazos enérxicos, as figuras esquemáticas e o traballo de tintas de cores sobre papel. Traballa con grandes formatos. Das súas exposicións destaca a realizada na Casa da Parra en 1992. Participou, entre outras mostras, na XXI Bienal de Pontevedra, na II Mostra Unión Fenosa (1991) e na Trienal Latina (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Comezou a súa formación en Londres, onde realizou un curso de pintura en The Heartherly School of Fine Arts. Posteriormente estudiou ourivería e pintura na Escola de Artes e Oficios en Vigo. Residiu en Caracas (1964-1969), onde realizou cursos de cerámica e escultura na Escuela Nacional de Bellas Artes Cristóbal Rojas. Encadrada na denominada escola galega, a súa produción como pintora recolle diversas temáticas: paisaxes, bodegóns e maternidades. Nas súas obras, o debuxo desaparece na busca do esencial. Realizou desde 1971 exposicións tanto colectivas como individuais. Recibiu, entre outros, o primeiro premio de debuxo na Mostra de Artistas Noveis do Concello de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista. De oficio mecánico fresador, organizou o Sindicato Metalúrgico adscrito á CNT, no que incorporou boa parte da anterior afiliación uxetista. En 1935, cando era responsable do taller mecánico das Minas de San Finx en Lousame, axudou a pór en funcionamento un Sindicato Minero xunto a Claro José Sendón e o futuro guerrilleiro R. Rodríguez Varela Curuxás. Co golpe militar (1936), refuxiouse nos montes do Confurco ata 1940. En 1942 colaborou cunha rede de espionaxe a prol dos aliados constituída coa colaboración do consulado británico en Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e perito mercantil. Colaborou na prensa e da súa produción destaca Homes do espazo (1976), Galicia lonxana (1995) e A meiga de Naia e outros relatos (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora e profesora. Formouse con Blas Lourés e realizou estudios de esmalte e talla na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago. Especializouse na pintura ao óleo. As súas obras caracterízanse polo debuxo e a cor. Realizou exposicións nas principais cidades galegas, en León e Madrid, e participou, entre outras mostras colectivas, nas mostras Imaxes a carón da aula (1989-1992) e na Exposição Internacional de Artes Plásticas de Vendas Novas (Portugal, 2001). A súa obra está presente, entre outras coleccións, na Universidade de Santiago de Compostela e na Deputación de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Xefe do servizo de arquivo e documentación da Televisión de Galicia (TVG), licenciouse en Filosofía e Letras e en Ciencias da Información na Universidad Complutense de Madrid. Foi redactor do xornal Ya (1968-1980), subdirector de El Ideal Gallego (1980-1982), xefe de prensa da Xunta de Galicia (1982-1983), director xeral de medios de comunicación da Xunta de Galicia (1983-1986) e director do servizo de relacións externas da TVG (1986-1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora e mestra. Realizou estudios de maxisterio na Coruña e licenciouse en Filosofía e Letras na especialidade de Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Colaboradora da revista Vagalume, redactou xunto con Xoán Babarro, algúns dos primeiros textos empregados para o galego no ensino (O raposo pillabán, 1978; Lúa nova 3, 1981 e O noso galego 1 e 2, 1982 e 1983). Da súa produción destaca Os amigos do cabaceiro (I Premio O Facho de Contos 1977), O Rei Bandullán (1981), O pirata da Illa de Prata (1987), Pola rúa dos versos (1990), O cacarabicolé (1997), A longa viaxe de Carambeliña Polar (1998), Contos da selva de Longorongón (1998). En colaboración con X. Babarro editou Primeiro libro con Malola (Premio O Barco de Vapor 1985), Tres países encantados (1986), Barrigaverde e o dragón Achís (Premio O Barco de Vapor 1990), A chamada das tres...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista. Licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidad Complutense de Madrid. Foi director de Comunicación Social de Unesa (1974-1998) e membro do comité de Comunicación Social da Unión Internacional de Productores y Distribuidores de Electricidad. Colaborador en diarios e revistas, foi redactor xefe da revista Economía e xefe de sección nos diarios 3E e SP. Publicou, entre outras obras, Explosiones Económicas (1977) e El cambio agrario en Galicia (1985), e estudios anuais sobre economía rural e agraria en Galicia (1996-2001). Recibiu a Medalla Castelao (1995).
VER O DETALLE DO TERMO