Fernández López, Antonio
Enxeñeiro, empresario e filántropo. Despois de titularse como enxeñeiro de camiños, canais e portos (1931), traballou para a Compañía Ferrovial e proxectou os túneles do ferrocarril entre Ourense e Santiago de Compostela. Despois da morte de seu pai, Antonio Fernández Fernández, xunto con algúns de seus irmáns botaron man da herdanza empresarial. Neste sentido, fundaron a empresa Zeltia SA (3.8.1939), localizada no Porriño, Frilugo (1941), Transportes Ferroviarios Especiais (TRANFESA, 1942) e Cementos Noroeste SA (1958). Pero, ademais de empresario, foi o patrocinador de numerosas iniciativas culturais e docentes. Así, o 1 de febreiro de 1948 inaugurou a Escola Agrícola da Granxa de Barreiros en Ortoá (Sarria), baixo a dirección do mestre Avelino Pousa Antelo, que tiña como obxectivo a transformación social e económica de Galicia a través da educación. Tamén, para impulsar o desenvolvemento rural de Galicia, promoveu e organizou cursos de formación agropecuaria para mestres rurais (1948-1971) e a formación de cooperativas escolares de produción agraria. Consciente de que o medio urbano tamén formaba parte da realidade de Galicia, fundou en 1951 o Colexio ES-TRAD;mso-fareast-language: Fingoi (Lugo). Foi membro fundador da editorial Galaxia e colaborador na adquisición dos fondos da Biblioteca Penzol. Pouco antes da súa morte, encomendoulle a seu fillo, Pedro, que levase a cabo a creación da Fundación Menela para o tratamento e estudo do autismo ou doutras psicoses; en 2002 esta fundación inclúe o Centro de Educación Especial Menela (Vigo) e o Centro Navás (Nigrán).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lugo -
Deceso