"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • PERSOEIRO

    Templo románico tardío ben conservado que consta dunha nave e dunha ábsida rectangular, situado no concello de Friol. O arco triunfal é apuntado, dobrado e de sección rectangular; está sostido por columnas de bases áticas e capiteis vexetais de follas moi estilizadas, cuns trazos estilísticos que reflicten datas avanzadas e influencias de igrexas cistercienses, como Santa María de Oseira e Santa María de Meira. As portas son moi sinxelas, practicamente sen decoración, e os canzorros presentan adornos xeométricos. Foi construída arredor do 1225 ou 1230.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palabra ou frase formados pola transposición das letras doutra palabra ou frase. Este artificio xa era coñecido na antigüidade con finalidades diversas: adular aos soberanos; atribuír sentidos enrevesados a palabras (Romaamor) e frases determinadas (quid est veritas?, ‘que é a verdade?’ dá est vir qui adest ‘o home aquí presente’, resposta de Xesús a Pilatos); para encubrir fórmulas, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un anagrama.

    2. Que contén un anagrama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer un anagrama.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que fai anagramas.

    2. Persoa que esconde a súa auténtica identidade baixo un anagrama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de libro que ten as follas escritas ou impresas por unha soa cara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sinxela igrexa románica rural de nave única e capela de forma rectangular. No seu interior o arco triunfal é apuntado e os capiteis teñen decoración vexetal con bólas. Conserva a porta da fachada oeste, similar á da veciña igrexa de San Pedro de Ancorados. Pola súa estrutura e motivos decorativos debeu ser construída a finais do século XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica, situada en Pontedeume, de finais do século XII na que se conserva principalmente a ábsida semicircular. O máis destacado deste templo é a colección de canzorros que se sitúan baixo o beiril: os máis sinxelos decóranse con grandes volutas, estrías verticais e varios rolos, algúns unidos por un bocel. Outros presentan figuras humanas espidas e de crequenas. O interior da ábsida quedou oculto pola colocación dun retablo que foi traído da igrexa do mosteiro de Santa María de Monfero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1046-1060) da dinastía de Árpád. Usurpoulle o trono a Pedro de Hungría e, entre 1049-1052, defendeu o Reino contra o Emperador Enrique III ao tempo que restablecía a ortodoxia cristiá. Ao declarar sucesor ao seu fillo Salomón, púxose a mal co seu irmán Béla, quen lle provocou a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1205-1235). Fillo de Béla III (morto en 1196), disputoulle a Coroa a seu irmán máis vello Eimerico (morto en 1204) e prevaleceu sobre o seu fillo Ladislau III (morto en 1205). Adheriuse á quinta cruzada, pero non tardou en se retirar por mor das súas diverxencias co Rei de Xerusalén e, en consecuencia, do fracaso do ataque ao monte Tabor (1217-1218). Favoreceu á nobreza en detrimento do poder real (doazóns territoriais, Bula do ouro do 1222).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1290-1301), derradeiro da dinastía de Árpád. Fillo do príncipe Estevo e de Tomasina Morosini, de familia veneciana, e sobriño de André II; sucedeu a Ladislau IV. Opúxose á nobreza e defendeu o Reino contra os Habsburgo e os Anjou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutor en farmacia e un dos precursores da industria farmacéutica en España. A súa Pasta pectoral, moi exportada a América do Sur, foi un dos primeiros específicos preparados en España. Organizou o laboratorio farmacéutico que leva o seu nome, Doctor Andreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anemómetro instantáneo conectado a un rexistrador para obter o gráfico de evolución da velocidade do vento. Se se orienta cara ao vento permite tamén rexistrar a súa dirección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gráfico realizado cun anemógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise dunha medalla, moeda, etc, que non ten inscrición.

    2. Libro ou escrito sen título.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea convocada por Bolívar, entre febreiro e decembro de 1819, na que se reafirmaba o desexo de crear unha Gran Colombia, integrada polos actuais Colombia, Ecuador e Venezuela. Bolívar foi nomeado Presidente provisional e foi promulgada a Constitución do novo estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enseada ou baía moi pequena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe oriúnda da Coruña. As súas armas levan, sobre campo de azul, unha angra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade das Ilhas dos Açores, Portugal, porto da costa S da illa Terceira. Ten un castelo do s XVII. Foi capital dos Açores ata 1832.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pierre-Jean Rémy.

    VER O DETALLE DO TERMO