Andrade, Igrexa de San Martiño de

Andrade, Igrexa de San Martiño de

Igrexa románica, situada en Pontedeume, de finais do século XII na que se conserva principalmente a ábsida semicircular. O máis destacado deste templo é a colección de canzorros que se sitúan baixo o beiril: os máis sinxelos decóranse con grandes volutas, estrías verticais e varios rolos, algúns unidos por un bocel. Outros presentan figuras humanas espidas e de crequenas. O interior da ábsida quedou oculto pola colocación dun retablo que foi traído da igrexa do mosteiro de Santa María de Monfero.