"Imo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 631.

  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e escritor. Secretario xeral da Asociación de Autores de Teatro e membro do Consejo de Lectura do Centro Dramático Nacional, participou activamente na creación da Federación Nacional de Teatro Universitario e posteriormente no movemento do teatro independente. Da súa obra destacan La renuncia (1966), El testamento (1966), Collage Occidental (1967), Negro en quince tiempos (1967), Guernica (1969), Maniquí (1970), Anarchia 36 (1971), Comedia de la olla romana (1977), En busca del sexo perdido (1979), Compostela (1980) e Tiempos muertos (1984), sen esquecer as súas colaboracións como dramaturgo con grupos como Teatro Estudio Lebrijano, Teatro Universitario de Murcia ou Bojiganga. En 1998 foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Dramática e o Tirso de Molina pola súa obra Ahlán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista. Doutorouse en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela (1861). En 1850 converteuse no primeiro catedrático de Historia Natural do Instituto de Santiago. Centrouse no estudo da malacoloxía e entomoloxía e foi o autor do primeiro traballo faunístico dedicado exclusivamente aos moluscos ibéricos de augas continentais. Das súas obras destacan Catálogo de los moluscos terrestres observados en Galicia (1870), primeiro inventario galego destes animais, e Recuerdos de la fauna de Galicia. Insectos lepidópteros en dicha comarca (1893), primeira publicación específica sobre lepidopteroloxía galega. Foi socio fundador da Sociedad Antropológica Española (1865) e da Sociedad Española de Historia Natural (1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten ou demostra bos sentimentos.

    2. Que tende a perdoar e entender os erros dos demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Usurpador do Imperio Romano de Occidente (350-353). Xeneral de orixe xermánica ao servizo do Emperador Constante I, participou na conxura que levou ao seu asasinato e foi proclamado emperador en Autun. Estendeu a súa autoridade ás provincias occidentais, pero foi derrotado por Constancio II, emperador de Oriente, en Mursa (Panonia) e na Galia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. De nome Salomon ben Josua, o seu Versuch Über die Transzendentalphilosophie (Ensaio sobre a filosofía transcendental, 1790), foi calificado por Kant como a crítica máis aguda á súa filosofía. Ademais de comentarios sobre Aristóteles, Maimónides e Bacon, escribiu Versuch einer neuen Logik oder Theorie des Denkens (Ensaio dunha nova lóxica ou teoría do pensamento, 1794), Kritische Untersuchungen Über den menschlichen Geist (Investigacións críticas sobre o espírito humano, 1797) e unha autobiografía (1792).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosĕ ben Maimon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, fillo de Marià Manent i Cisa. Foi director xeral de Difusión Cultural do departamento de Cultura da Generalitat de Catalunya (1980-1989) e asesor da Presidencia en cuestións culturais e de historia. Da súa produción destacan a biografía Carles Riba (1963) e o estudio Literatura catalá en debat (1969). Recibiu o premio das Lletres Catalanes Ramon Llull (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (s III?) Primeiro bispo de Limoges. Foi desde Roma a Aquitania para evanxelizar Lemosín. A lenda considérao un dos discípulos de Xesús Cristo e curmán de san Pedro. No s V foi santificado polo pobo. Na iconografía leva vestiduras de bispo e ás veces porta un bastón. A súa festividade celébrase o 30 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e miniaturista francés. Realizou o Retable de Saint Bertin para a abadía de Saint-Omer (1459), en que presenta unha forte influencia flamenga. Como miniaturista fixo as Grandes Chroniques de Saint-Denis e o Pontifical de Sens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso, liturxista e historiador francés. Destacou principalmente no campo da ciencia litúrxica, co fomento da renovación da pastoral sacramental baseada nun coñecemento moi sólido da evolución histórica da liturxia. A súa obra máis coñecida, en colaboración con outros autores, é L’Église en prière. Introdution à la liturgie (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Principal representante da escola de Siena, en 1315 pintou o fresco da Maestà para o Palazzo Pubblico de Siena, influído por Duccio di Buoninsegna e o gótico francés. En Nápoles pintou S. Ludovico da Tolosa incorona il fratello Roberto d’Angiò (1317), en Pisa   o Polittico di santa Caterina (1319) e de novo en Siena realizou Guidoricio da Fogliano (1328) para o Palazzo Pubblico e Vita di San Martino na basílica inferior de Asís. Xunto co seu colaborador Lippo Memmi pintou l’Annunciazione (1333). Desde 1340 residiu en Aviñón, onde fixo amizade con Petrarca e fundou unha escola de pintores que influíu na evolución do gótico internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao matrimonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Unión dun home e unha muller, lexitimada pola sociedade, para formar un núcleo social. A forma desta unión configura a estrutura das sociedades. A variedade de formas é moi grande: unión dun home e unha muller que viven cos seus fillos; unión dun home con varias mulleres, que teñen todas o mesmo status no núcleo familiar ou que teñen distinto status. O status do futuro cónxuxe é un aspecto moi importante nas regras que rexen para escoller marido ou esposa. A importancia deste feito varía segundo a sociedade sexa igualitaria ou estratificada. O matrimonio occidental está moi influído pola concepción monogámica hebraica--cristiá e polas características do espírito contractual do dereito romano. Desde a fin do Imperio Romano a Igrexa foi asumindo a función xurídico-social do matrimonio, que se converteu nunha función unicamente canónica e relixiosa. Como institución civil renaceu en 1580 en Países Baixos e despois en Inglaterra e nas colonias británicas de América do Norte. A Revolución Francesa...

      2. Unión legal de dous individuos independentemente do seu sexo.

      3. matrimonio clandestino

        Unión contraída sen a presencia do párroco e sen testigos.

      4. matrimonio de conciencia

        Unión que se celebra en segredo por motivos graves, pero con aprobación da autoridade competente.

      5. matrimonio in articulo mortis/in extremis

        Unión que se celebra cando un dos contraentes está próximo á morte.

      6. matrimonio morganático

        Unión contraída entre unha persoa de estirpe real e outra de rango inferior.

      7. matrimonio por poderes

        Unión contraída en que unha das partes ou ambas as dúas celebran o acto público contractual por medio dun apoderado. 8

    1. Estado de alguén que se uniu en matrimonio.

    2. Parella que está unida en matrimonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten o valor ou o grao máis grande posible.

      1. Aplícase ao único elemento, nun conxunto ordenado, que é máis grande que cada un dos outros elementos do conxunto.

      2. máximo común divisor

        máximo común divisor.

    2. alor máximo ao que pode chegar algo ou alguén.

      1. máximo absoluto

        alor máximo que toma unha función f(x) dentro do conxunto en que está definida.

      2. máximo relativo

        alor que toma unha función f(x) nun punto x = a cando este valor é máis grande ca os valores de f(x) nos puntos inmediatamente anteriores e posteriores ao punto a. Denomínase tamén máximo local e, no caso particular de que existisen as derivadas sucesivas de f(x), cúmprese que no punto a a primeira derivada f’(a) é nula e a segunda f’’(a) normalmente é negativa. No caso, en cambio, de que f’(a) e f’’(a) sexan nulas, a condición para que f(x) teña un máximo no punto a é que a primeira derivada de f(x) non nula no dito punto sexa de orde par e negativa.

    3. Cada unha das semicircunferencias máximas da esfera celeste comprendidas entre os dous polos da eclíptica. Sobre os máximos de lonxitude cóntase a latitude no sistema de coordenadas eclípticas e determina a lonxitude. O que pasa polo punto vernal recibe o nome de primeiro máximo de lonxitude. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e escritor. Segundo algunhas fontes foi o primeiro bispo de Turín. Fóronlle atribuídas obras que deron a coñecer puntos de vista eclesiásticos e teolóxicos novos, e tamén foron interesantes as súas notas sobre as condicións sociais e relixiosas da Italia do s V. A súa festividade celébrase o 25 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi bispo de Xerusalén. Perseguido durante o goberno de Galerio, participou no Concilio I de Nicea (325) e no de Tiro (335), e encargouse de convocar un en Xerusalén para salvar a Atanasio das acusacións dos arianos. A súa festividade celébrase o 5 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que, desde xullo de 1992, recibe a antiga Asociación España-URSS fundada en xaneiro de 1987. Esta institución, presidida por Francisco Mosquera Pazo, desenvolve actividades culturais e lúdicas como cursos de lingua rusa, ciclos de cine ruso, torneos de xadrez, concursos de redacción e debuxo, conferencias ou presentación de libros. Conta, ademais, cunha coral polifónica e cunha biblioteca de libros rusos e galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar romano. Usurpou o Imperio Romano de Occidente (383-388). Comandante das tropas en Britania, foi aclamado emperador polos soldados e, trala morte de Graciano, foi recoñecido por Teodosio. Defendeu a ortodoxia cristiá e atacou a Valentiniano II. Teodosio interveu na loita e derrotouno. Morreu a mans dos seus propios soldados.

    VER O DETALLE DO TERMO