Macho Velado, Jerónimo

Macho Velado, Jerónimo

Naturalista. Doutorouse en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela (1861). En 1850 converteuse no primeiro catedrático de Historia Natural do Instituto de Santiago. Centrouse no estudo da malacoloxía e entomoloxía e foi o autor do primeiro traballo faunístico dedicado exclusivamente aos moluscos ibéricos de augas continentais. Das súas obras destacan Catálogo de los moluscos terrestres observados en Galicia (1870), primeiro inventario galego destes animais, e Recuerdos de la fauna de Galicia. Insectos lepidópteros en dicha comarca (1893), primeira publicación específica sobre lepidopteroloxía galega. Foi socio fundador da Sociedad Antropológica Española (1865) e da Sociedad Española de Historia Natural (1872).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Valderas, León

  • Deceso

    Lugar : Madrid