"Lac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 769.

  • Tendencia política que propugna o illamento dun país respecto dos compromisos políticos internacionais. O termo isolationism, foi cuñado en EE UU e tiña por obxecto manter a nación lonxe dos conflitos nacionalistas das potencias europeas. A doutrina Monroe (1823) significou un novo paso na aplicación deste principio, observado estritamente despois da Guerra de Secesión (1861-1865) ata a Primeira Guerra Mundial. A internacionalización en todos os campos (político, económico, militar) fixo inviable esta práctica, que apenas se levou a cabo a causa de circunstancias excepcionais, e aínda así parcialmente, en países como Albania.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao illacionismo.

    2. Seguidor do illacionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de implacable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non pode ser aplacado na súa dureza, rigor ou violencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao mamífero que non presenta placenta ou esta é reducida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Auxina natural producida principalmente nos ápices dos brotes e follas novas. Foi a primeira hormona de crecemento que se descubriu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación que se practica para preservar a virxindade e imposibilitar o coito. Na femia consiste en pasar un anel ou fíbula a través dos beizos maiores ou menores. No macho o anel fíxase ao prepucio, despois de estiralo previamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de inflar.

    2. Incremento xeneralizado e persistente dos prezos das mercadorías e servicios, que implica, por tanto, unha redución do poder adquisitivo do diñeiro. A existencia da inflación mídese mediante os índices de prezos e o índice do custo da vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. inflacionista.

    2. Aplícase a unha das fases iniciais do Universo na teoría de A. Guth. O Universo inflacionario consistiu nunha expansión rápida nun período de tempo extremadamente breve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á inflación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de inhalar.

    2. Substancia ou vaporización que se emprega nas inhalacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de inmolar ou inmolarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de inocular.

    2. Adición ao metal líquido de substancias que actúen como núcleos de cristalización e modifiquen así a microestrutura cristalina e as propiedades físicas e mecánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de elección aplicado nas corporacións públicas da Coroa de Aragón no s XV e que estivo vixente ata a promulgación dos Decretos de Nueva Planta (s XVIII), que consistía en introducir nun saco ou bolsa os nomes dos candidatos propostos polo rei, dos que un neno de dous anos elixía un ao azar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exposición aos raios do sol.

      1. Intervalo de tempo, nun período de tempo determinado, no que brilla o Sol.

      2. insolación relativa

        Relación entre o número de horas que brilla o Sol, nun período de tempo determinado, e o número de horas que o Sol está sobre o horizonte no mesmo período.

    2. Enfermidade que consiste en alta febre, cefaleas, vertixes, delirios e coma, causada por unha exposición excesiva aos raios do sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de instalar ou instalarse.

    2. Conxunto de equipamentos propios dun servicio. OBS: Con este significado adoita empregarse en plural.

    3. Termo cuñado na década de 1970 para designar o enviroment, assemblage, ready made e happening, construído especificamente para un determinado espazo coa finalidade de que o espectador se involucre con el.

      1. Colocación e montaxe dun conxunto de aparatos, de conducións ou accesorios, para un uso ou un servicio.

      2. Aparato, de condución, instalados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de instilar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de insuflar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zona do corpo dos equinodermos que se sitúa entre dúas filas de ambulacros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de intercalar ou intercalarse.

    VER O DETALLE DO TERMO