inflación
inflación
(< lat inflatĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de inflar.
-
s
f
[ECON]
Incremento xeneralizado e persistente dos prezos das mercadorías e servicios, que implica, por tanto, unha redución do poder adquisitivo do diñeiro. A existencia da inflación mídese mediante os índices de prezos e o índice do custo da vida.