infinitivo

infinitivo

(

s m [LING]

  Forma infinita do verbo que non expresa nin tempo nin modo. Limítase a expresar acción verbal e, ademais de admitir complementos (De chegares cedo da casa, avisa), ten un comportamento similar ao substantivo ao admitir a determinación (O falar non ten cancelas) e a pluralización (Os atardeceres son marabillosos). En galego presenta dúas formas, unha invariable (ou non flexionada), que é incompatible cos sufixos propios do verbo e que presenta un significante que agrega ao signo léxico do verbo un sufixo -r (and-a-r, varr-e-r, part-i-r), e outra conxugada (ou flexionada), que está constituída pola suma do infinitivo invariable e o sufixo desinencial de número persoa -º, -es, -º, -mos, -des, -en (and-a-r-º, and-a-r-es, and-a-r-º, and-a-r-mos, and-a-r-des, and-a-r-en). As formas máis xerais do paradigma do infinitivo conxugado son as mesmas para todas as conxugacións (varr-e-r-º, varr-e-r-                  -es…part-i-r-º, part-i-r-es…). Pero, con todo, tamén se rexistran algunhas variantes; delas a máis frecuente, tal e como recolle o Atlas Lingüístico Galego, é a que presenta un -e paragóxico, que pode mesmo convivir nun mesmo lugar ou incluso nun mesmo falante: amare (P1, P3), amáremos (P4), amáredes (P5).

Palabras veciñas

infinidade | infinitesimal | infinitésimo | infinitivo | infinito -ta | infixo | inflación