infinito -ta
(< lat infinîtu)
-
adx
Que non ten fin ou límite.
-
adx
Que non se pode medir ou contar por ser moi numeroso.
-
adx e s
[FILOS]
Aplícase ao ser que non ten límite na súa propia perfección. A escolástica distinguiu entre o infinito categoremático ou actual, que exclúe positivamente todo límite, como sería o caso de Deus; e o infinito sincategoremático ou potencial, que é finito en si pero potencialmente infinito.
-
adx
[MAT]
Aplícase ao conxunto que se pode poñer en correspondencia bixectiva cun subconxunto estricto seu.
-
adx
[MAT]
Aplícase ao valor máis grande ca calquera outro que se poida dar. Represéntase co símbolo ∞. Así, dise que unha variable x tende ao infinito (x → ∞) ou que unha función f(x) tende ao infinito para x → a lim f(x)=∞
FORMULA
x‡a -
Aplícase ao conxunto de formas do verbo que, ordinariamente, carecen de categoría de persoa gramatical. Corresponden a estas formas verbais o infinitivo (coller), o xerundio (collendo) e o participio (collido). OBS: Oponse ao termo finito.
-
Aquilo que non ten límite nin no espazo nin no tempo, especialmente o espazo ilimitado.
Citas
- Pasaba horas e horas contemplando o infinito.