infinito -ta

infinito -ta

(< lat infinîtu)

  1. adx

    Que non ten fin ou límite.

  2. adx

    Que non se pode medir ou contar por ser moi numeroso.

  3. adx e s [FILOS]

    Aplícase ao ser que non ten límite na súa propia perfección. A escolástica distinguiu entre o infinito categoremático ou actual, que exclúe positivamente todo límite, como sería o caso de Deus; e o infinito sincategoremático ou potencial, que é finito en si pero potencialmente infinito.

  4. adx [MAT]

    Aplícase ao conxunto que se pode poñer en correspondencia bixectiva cun subconxunto estricto seu.

  5. adx [MAT]

    Aplícase ao valor máis grande ca calquera outro que se poida dar. Represéntase co símbolo ∞. Así, dise que unha variable x tende ao infinito (x → ∞) ou que unha función f(x) tende ao infinito para x lim f(x)=


    FORMULA


                                x‡a

  6. Aplícase ao conxunto de formas do verbo que, ordinariamente, carecen de categoría de persoa gramatical. Corresponden a estas formas verbais o infinitivo (coller), o xerundio (collendo) e o participio (collido). OBS: Oponse ao termo finito.

  7. Aquilo que non ten límite nin no espazo nin no tempo, especialmente o espazo ilimitado.

Citas

  • Pasaba horas e horas contemplando o infinito.

Palabras veciñas

infinitesimal | infinitésimo | infinitivo | infinito -ta | infixo | inflación | inflacionario -ria