"MIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 424.

  • PERSOEIRO

    Prosista romanés. Desde 1981 foi presidente da Unión de Escritores de Romanía. Da súa obra destacan Fuga (1958), Somnul pām ǐ ntului (O soño da Terra, 1965), Cāruta cu mere (O carro de mazás, 1974), Iepurele schiop (O coello coxo, 1980), Orasul ingerilor (A cidade dos anxos, 1985) e o ensaio Virgule (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das persoas que viviron na Terra antes que Adán, a existencia dos cales ofrece dificultades dogmáticas para unha interpretación ríxida da Xénese, que o considera o primeiro home.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos preadamitas ou ao preadamismo.

    2. Defensor ou seguidor do preadamismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición ou calidade de primitivo.

      1. Imitación dos pobos primitivos.

      2. Inxenuidade finxida.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao comezo ou á orixe de algo.

      2. Que se formou antigamente.

      3. Referido a un pobo ou a unha civilización, que están pouco desenvolvidos en relación a outros.

      4. Que está feito sen perfeccionamento nin refinamento.

      5. estado primitivo CULT

        Sistema de integración política máis centralizado e estratificado, que se caracteriza pola presenza dunha forma especial de control baseada na continua ameaza da forza por parte dun conxunto de persoas lexitimadas para usala, o que o distingue da caudillismo. Foi o caso da civilización azteca.

      6. sociedades primitivas CULT

        Pobos ou grupos étnicos que non pertencen á civilización industrial occidental. Este termo foi introducido en antropoloxía polo evolucionismo. Os datos etnográficos desmenten a pretensión de identificar a cualificación de primitivo coa de simple.

      1. Que non derivada de nada

      2. Aplícase á palabra non derivada doutra da mesma lingua.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Bos Aires a partir do 1 de decembro de 1905. Subtitulada “Revista mensual: Propiedad del Orfeón Gallego Primitivo”, estivo editada por esta sociedade cunha periodicidade mensual. Pretendeu achegar a realidade de Galicia aos seus asociados e defender os seus intereses. Incluíu artigos sobre a historia e a cultura galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Segundo a tradición era fillo do centurión san Marcelo, polo que tería orixe galaica. Xunto co seu irmán xemelgo san Facundo foi martirizado e decapitado polo cónsul Ático en época de Adriano por se negaren a adorar o deus Febo. Segundo a tradición morreron preto de Cea e están enterrados na catedral de Ourense, para outros en Sahagún. A súa festividade celébrase o 27 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que provén da forma latina primitivus, derivado de primitus ‘en primeiro lugar, por primeira vez’, que á súa vez vén de primus ‘primeiro’, nome que se lle daba ao primeiro nacido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de gres, xeralmente arxiloso, rico en micas de orixe dedrítica, que se dispón en capas finas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á psammita.

    2. Que é semellante á psammita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lesión cutánea producida pola exposición a radiacións ionizantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olver admitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emitir de novo ou volver emitir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que remite.

    2. Persoa ou entidade que remite ou envía unha cousa.

    3. Nome e enderezo da persoa ou entidade que envía algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que remite.

    2. Persoa ou entidade que remite ou envía unha cousa.

    3. Nome e enderezo da persoa ou entidade que envía algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enviar algo a alguén.

    2. Deixar de facer unha cousa para facela noutro momento.

    3. Perdoar unha falta, unha pena ou unha débeda.

    4. Facer unha remisión a outra parte dun escrito ou a outro escrito.

    5. Perder algo parte da súa intensidade.

    6. Facer alusión a algo dito ou publicado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Volver transmitir.

    2. Emitir, sen gravacción previa, unha emisión que chega á emisora desde outro punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distancia mínima á que se pode atopar un satélite do seu planeta. Se a densidade do satélite é a mesma ca a do planeta arredor do que xira, esta distancia é de 2,44 veces o valor do raio planetario. A unha distancia máis pequena, o satélite desintegraríase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en Dereito pola Universidad de Salamanca e en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid, en 1920 trasladouse a EE UU para desempeñar unha cátedra de Literatura Española do s XIX na Cornell University Ithaca (Nova York). En 1932 converteuse en catedrático de Xeografía e Historia no instituto de Lugo. Experto en mitoloxía e astroloxía, e lector de Rubén Darío, Verlaine e Baudelaire, influíu intelectualmente nos membros da Xeración Nós, especialmente en R. Otero Pedrayo, cos que compartiu algúns parladoiros e conferencias no Ateneo ourensán. Colaborador de La Centuria co nome de Beta Herculis, escribiu Las mesetas ideales (1910), Escenas de gigantomaquia (1923) e Errores de la actual división provincial de España y fundamentos geográficos para una nueva división en provincias (1925). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO