primitivo -va
(< lat primitīvu)
-
-
adx
Relativo ou pertencente ao comezo ou á orixe de algo.
Confrontacións: inicial, orixinal. -
adx
Que se formou antigamente.
-
adx e s
Referido a un pobo ou a unha civilización, que están pouco desenvolvidos en relación a outros.
-
adx
Que está feito sen perfeccionamento nin refinamento.
-
estado primitivo CULT
[ANTROP/CULT]
Sistema de integración política máis centralizado e estratificado, que se caracteriza pola presenza dunha forma especial de control baseada na continua ameaza da forza por parte dun conxunto de persoas lexitimadas para usala, o que o distingue da caudillismo. Foi o caso da civilización azteca.
-
sociedades primitivas CULT
[ANTROP/CULT]
Pobos ou grupos étnicos que non pertencen á civilización industrial occidental. Este termo foi introducido en antropoloxía polo evolucionismo. Os datos etnográficos desmenten a pretensión de identificar a cualificación de primitivo coa de simple.
-
adx
-
-
adx
Que non derivada de nada
-
adx
[LING]
Aplícase á palabra non derivada doutra da mesma lingua.
-
adx
[LING]
Aplícase ao tempo verbal que proporciona o tema sobre o que se forman os outros tempos, chamados derivados. Son primitivos o presente de indicativo (tema de presente) e o pretérito perfecto de indicativo (tema de perfecto).
-
cores primitivas
[FÍS]
Sete cores principais do espectro solar.
-
adx
-
adx
[MAT]
-
Aplícase a cada un dos obxectos matemáticos iniciais que están caracterizados só polos axiomas dunha teoría matemática. Así, os puntos, as rectas e os planos son os elementos primitivos da xeometría de Hilbert.
-
Aplícase á función f tal que, dada unha función g, a derivada de f é g.
-
-
circunferencia primitiva
[TECNOL]
-
circunferencia primitiva
Circunferencia imaxinaria con centro no eixe dunha roda dentada e cun diámetro igual ao produto do número de dentes polo módulo ou paso diametral, sobre a que se mide o paso dos dentes e con relación á que se fixan as dimensións destes. As de dúas rodas dentadas engrenadas son tanxentes.
-
punto primitivo
Punto da circunferencia primitiva que separa o arco de aproximación do arco de afastamento e que é a intersección da liña de acción coa mencionada circunferencia.
-
circunferencia primitiva
-
Circunferencia imaxinaria con centro no eixe dunha roda dentada e cun diámetro igual ao produto do número de dentes polo módulo ou paso diametral, sobre a que se mide o paso dos dentes e con relación á que se fixan as dimensións destes. As de dúas rodas dentadas engrenadas son tanxentes.