orixinal
(< lat origināle)
-
-
adx
Relativo ou pertencente á orixe ou ao principio dunha cousa.
-
estado orixinal
[RELIX]
Estado ou situación existencial que para moitas relixións foi a propia da humanidade, nas súas orixes, en contraposición ao seu estado actual.
-
graza orixinal
[RELIX]
Graza propia do home no estado orixinal con anterioridade ao pecado orixinal.
-
pecado orixinal
[RELIX]
pecado orixinal.
-
adx
-
adx
-
Que provén directamente do autor e non imita a outros.
Ex: O que teño eu é un cadro orixinal de Laxeiro.
-
Que non é unha tradución.
Ex: Nese cine proxectan películas en lingua orixinal.
-
Que se aparta do común ou do coñecido.
Ex: É un home moi orixinal, non lle gustan as mesmas cousas que á maioría da xente. Viste dunha forma orixinal.
-
Que non se parece a outros elementos da súa mesma categoría.
Ex: Levaba unha camisa moi orixinal.
-
-
adx
Que serviu como modelo para facer outro.
Ex: Fixen tres copias da chave orixinal.
-
s
m
-
Obra primitiva dun artista ou dun escritor da que se fan reproducións.
-
Persoa, obxecto ou paisaxe que serve de modelo a un pintor, escultor ou debuxante.
-
[GRÁF]
Modelo manuscrito, mecanografado ou impreso que contén o texto e todas as indicacións necesarias para a súa composición.
-
[DER]
Escritura pública que se extrae inmediatamente do protocolo do notario, é dicir, a primeira copia literal.
-