inicial
(
-
adx
Que está ou se corresponde ao inicio de algo.
Ex: Partiu cunha maior vantaxe inicial ca os seus competidores. Está no curso inicial do bacharelato.
-
-
adx e s
f
[LING]
Aplícase á palabra que é a primeira dunha oración.
-
adx e s
f
[LING]
Aplícase á vogal precedida de consoante que é a primeira vogal dunha palabra (castro); cando esta vocal non vai precedida de consoante, denomínase inicial absoluta (anil).
-
adx e s
f
Aplícase á letra coa que comeza unha palabra.
-
s
f
Conxunto formado pola letra inicial dun nome e un apelido, ou pola de todos os apelidos, dunha persoa. OBS: Úsase normalmente en plural.
Ex: Leva as iniciais bordadas na camisa.
-
s
f
[GRÁF]
Letra que serve de inicio a un parágrafo, capítulo, libro, etc. Normalmente son letras máis grosas ca as empregadas no texto. Comezáronse a utilizar nos manuscritos do s XII, sendo debuxadas polos crisógrafos e coloreadas polos iluminadores.
-
adx e s
f
[LING]
-
s
f
[BOT]
Célula embrionaria que, mediante divisións sucesivas, actúa como axente principal do crecemento dos órganos dos vexetais inferiores.