iniciado -da
iniciado -da
(< iniciar)
-
p reg
de iniciar ou iniciarse.
-
adx e s
Que ou quen participa do coñecemento de algo que é secreto ou só sabido por un grupo reducido.
Ex: Deron unha charla só para os alumnos iniciados nas técnicas de talla. Ó final da cerimonia celébrase unha festa cos iniciados. Nese local reúnense iniciados na masonería.
-
s
Persoa que pasou por unha cerimonia de iniciación.
-
s
Membro dunha seita ou dunha sociedade secreta.