iniciación
(< lat initiatĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de iniciar ou iniciarse.
-
s
f
[ETN]
Conxunto de ritos e cerimonias polas que un membro xa formado dun clan ou dunha tribo é admitido na comunidade. Estas cerimonias comprenden unha simbolización das ideas de forza, de proba e de dor e a instrución nas leis do clan ou da tribo transmitidas oralmente. Normalmente, efectúase no paso á puberdade e pode implicar ablacións, incisións ou marcas corporais e a segregación de ambos os sexos.
-
s
f
[RELIX]
Conxunto de rituais polos que un candidato é admitido nunha sociedade relixiosa como membro efectivo, cunha instrución previa nos seus segredos e na súa teoloxía. As relixións mistéricas, como a do culto á Mitra, iniciaban os seus neófitos co Bautismo e, con frecuencia, cunha comida sacramental. Na relixión cristiá, os rituais de iniciación comprenden o Bautismo, a Confirmación e a Eucaristía.