iniciativa
iniciativa
(< lat initiātu, p pasde initiāre)
-
s
f
Proposta, idea ou decisión que posibilita o inicio ou a realización de algo.
Ex: Houbo moitas iniciativas para axudar os afectados.
-
s
f
Acción de quen propón ou fai algo antes cós demais.
Ex: Tomou a iniciativa á hora de defender os dereitos veciñais.
-
s
f
Calidade ou capacidade de quen decide ou emprende algo con decisión.
Ex: Son xente sen iniciativa que lle gusta que lle dean todo feito.
-
iniciativa lexislativa
[POLÍT]
Potestade para formular unha lei mediante a presentación ao Parlamento dun texto articulado con prescricións normativas. Gozan desta potestade o goberno, membros do Congreso e Senado, Parlamentos autonómicos e o pobo.