"PLA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 722.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recipiente cilíndrico, de vidro ou plástico, de pouca altura e base ancha, que se utiliza en técnicas de cultivo de microorganismos en probas de laboratorio. OBS: Tamén se denomina placa de cultivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fracción dos organismos planctónicos que teñen as dimensións máis pequenas posibles das células.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cirurxía plástica do píloro, que consiste en separar lonxitudinalmente, por incisión, unha estreiteza pilórica e despois practicarlle transversalmente unha sutura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico das enfermidades infecciosas de certas especies de animais, producidas polos sarcosporídeos do xénero Babesia ou Piroplasma, protozoos parasitos dos eritrocitos. A única piroplasmose humana é a febre das Montañas Rochosas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Circuíto combinacional que subministra múltiples sumas de produtos variables binarios. Son amplamente empregados como circuítos individuais en LSI. A PAL (Programmable Array Logic), similar á PLA, pode ser programada polo usuario.
-
GALICIA
Xurista e político. Militante do Partido Moderado, foi deputado ás Cortes pola provincia de Lugo (1843-1844), polo distrito da Coruña (1863-1868) e vicepresidente do Congreso de los Diputados. Foi un dos avogados máis acreditados da Coruña e decano do Colexio Provincial de Avogados da Coruña en tres ocasións entre 1858 e 1875. Fundou e dirixiu na Coruña el Boletín Judicial de Galicia (1860).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Tarragona, Catalunya (1.669 h [2001]). Os cultivos principais son os cereais, a viña e as amendoeiras. Destacan as industrias dos plásticos, cosméticos, mobles e metalurxia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora e ceramista. Coñecida como Josefina Plá, en 1927 asentouse en Paraguay, onde se converteu nunha das súas principais figuras literarias. Pretendeu impulsar e renovar o panorama cultural paraguaio desde a creación, a investigación e o ensino participando na creación de varios centros culturais. Da temática da súa obra destacan a morte, a dor e o sufrimento da redución do ser cara a nada. Publicou, en poesía, El precio de los sueños (1934), La raíz y la aurora (1960), Rostros en el agua (1963), El polvo enamorado (1968), Luz negra (1975), Tiempo y tiniebla (1982), Cambiar sueños por sombras (1984) e La llama y la arena (1987); en narrativa, as coleccións de contos La mano en la tierra (1963), El espejo y el canasto (1981) e La muralla robada (1989), e a novela La mano en la tierra (1963); e as obras de teatro Episodios chaqueños (1944) e Fiesta en el río...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Iniciou a súa produción literaria con Coses vistes (1925) e Llanterna màgica (1926). Polémico e belixerante nos seus escritos políticos, foi un propagandista da Lliga e de F. Cambó, que describiu na biografía Francesc Cambó (1928-1930). No plano político, foi elixido deputado da Mancomunitat de Catalunya en 1921. Colaborador da revista Destino, nesta etapa publicou Guía de la Costa Brava (1941), Las ciudades del mar (1942), Un señor de Barcelona (1945) e El carrer estret (1951, Premio Joanor Martorell). A súa obra pódese considerar como unhas vastas memorias que cobren medio século de vida catalá. En 1966 coa publicación de El quadern gris, un dietario escrito entre 1918 e 1919 que constitúe unha das súas obras máis relevantes, inicia a recompilación da Obra completa. En 1968 foi instituído o premio Josep Pla no seu honor e en 1980 recibiu a Medalla d’Or da Generalitat.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Membro fundador (1923) e presidente (1927-1930) da Agrupación Fotográfica de Catalunya, promoveu dentro do colectivo a edición dun boletín (1925) e a organización dun Salón Internacional (1929). Seguidor do pictorialismo, fotografou paisaxes empregando técnicas con procedementos pigmentarios, especialmente con bromuros, que lle permitiron montar varios negativos nunha única imaxe. Foi premiado na Internationale Photo-Biennale do FIAP en Salzburgo (1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral cantábrico situada entre as praias de Lagoa e Sarrido, na parroquia de Fazouro (Foz).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, colaborou como poeta en diferentes revistas, como Eco de Galicia, Galicia Moderna e Vida Gallega. É autor do poema A tola de Covas (1917) e da novela curta Desengano (1926) para a colección Lar.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo N da parroquia de Macenda (Boiro). O seu cumio acada os 584 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega, que se emprega na formación de palabras co significado de ‘placa’ ou ‘lámina’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Lámina ríxida de metal, madeira, plástico, ou outro material, xeralmente destinada a ser aplicada sobre unha superficie plana.
-
Estrutura, xeralmente de formigón armado, ou doutros materiais, que cobre unha superficie ou que serve de base para outra estrutura ou construción.
-
Parte superior dunha cociña con fogóns integrados sobre unha prancha metálica, de pouco grosor, que se encasta dentro dunha abertura practicada nun mármore ou moble, de xeito que constitúe xunto con el unha superficie case continua.
-
Lámina de vidro recuberta nunha das súas caras dunha emulsión fotosensible que serve para obter probas fotográficas negativas.
-
Disco de gramófono
-
placa calefactora
Calefactor formado por unha prancha quentada por resistencias eléctricas ou por gas, que se emprega para quentar recipientes, especialmente cando estes conteñen disolventes inflamables.
-
placa de asentamento
Placa destinada a garantir o carácter plano do soporte con escorregamento dun elemento metálico ou dun material diferente (formigón, neopreno, etc).
-
placa de carga
Dispositivo utilizado en probas do mesmo nome, destinadas a coñecer as condicións de asentamento dunha zona do terreo ou do firme dunha vía baixo o efecto dunha carga estática normalizada, aplicada por graos, a un ritmo tamén normalizado.
-
placa de fixación dos tubos
Cada unha das placas situadas nos extremos dunha caldeira ou dun cambiador de calor, provistos de buracos que se fixan nos tubos.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Interceptar, en rugby, o avance dun contrario que ten a pelota, suxeitándoo pola cintura ou polas coxas cos brazos e facéndoo caer a terra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de placar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falso medicamento preparado co mesmo aspecto ca un medicamento determinado, pero que non contén máis ca producos inertes sen principios activos. Empréganse en farmacoloxía clínica para conseguir un efecto psicoterapéutico, co fin de diferenciar o efecto real dun medicamento en ensaios do efecto debido á suxestión.
-
-
-
Órgano materno dos mamíferos terios, que consiste nunha zona de contacto entre o útero e o corion e o alantoide do embrión, a través do que se establece, durante a xestación, o intercambio de osíxeno e de substancias nutritivas da nai ao embrión e de dióxido de carbono e de produtos do metabolismo do embrión á nai. No home, ao termo da xestación ten forma de torta aplanada de consistencia mol e esponxosa. Na cara fetal, envolta polo amnio e en relación coa cavidade amniótica fetal, insírese o cordón umbilical, portador do sangue ao feto.
-
placenta previa
Placenta que se insire no segmento inferior uterino. Durante o parto preséntase antes ca o feto e pode ser causa de importantes hemorraxias.
-
-
-
Parte resaltada do carpelo onde se insire un primordio seminal.
-
Protuberancia de tecido foliar de onde arrincan os esporanxios nos soros das pteridófitas.
-
-
-
-
Forma de implantación dos tecidos embrionarios na placenta. Distínguese a placentación difusa, propia dos artiodáctilos, na que os tecidos embrionarios presentan moi poucos entrantes que penetran no endometrio materno, a placentación anular, propia dos carnívoros e doutros animais, na que as vilosidades ou entrantes do embrión forman un anel cilíndrico ao redor do endometrio, e a placentación hemocorial, na que as vilosidades do corion ao penetraren no endometrio e destruíren os tecidos imprégnanse do sangue dos capilares maternos destruídos.
-
Disposición das placentas, e polo tanto dos primordios seminais, no ovario e nos carpelos. Segundo a posición dos primordios seminais no ovario, hai unha placentación central ou axial se se sitúan no eixe, e unha placentación parietal, se se atopan nas paredes dos ovarios. En canto á posición dos primordios seminais no carpelo, distínguese unha placentación marxinal, se se insiren na marxe do carpelo, e unha placentación laminar, cando se sitúan na lámina carpelar.
-