placa
(
-
-
s
f
Lámina ríxida de metal, madeira, plástico, ou outro material, xeralmente destinada a ser aplicada sobre unha superficie plana.
Confrontacións: prancha. -
s
f
Estrutura, xeralmente de formigón armado, ou doutros materiais, que cobre unha superficie ou que serve de base para outra estrutura ou construción.
-
s
f
Parte superior dunha cociña con fogóns integrados sobre unha prancha metálica, de pouco grosor, que se encasta dentro dunha abertura practicada nun mármore ou moble, de xeito que constitúe xunto con el unha superficie case continua.
-
s
f
Lámina de vidro recuberta nunha das súas caras dunha emulsión fotosensible que serve para obter probas fotográficas negativas.
-
s
f
Disco de gramófono
-
placa calefactora
[QUÍM]
Calefactor formado por unha prancha quentada por resistencias eléctricas ou por gas, que se emprega para quentar recipientes, especialmente cando estes conteñen disolventes inflamables.
-
placa de asentamento
[CONSTR]
Placa destinada a garantir o carácter plano do soporte con escorregamento dun elemento metálico ou dun material diferente (formigón, neopreno, etc).
-
placa de carga
[CONSTR]
Dispositivo utilizado en probas do mesmo nome, destinadas a coñecer as condicións de asentamento dunha zona do terreo ou do firme dunha vía baixo o efecto dunha carga estática normalizada, aplicada por graos, a un ritmo tamén normalizado.
-
placa de fixación dos tubos
[FÍS]
Cada unha das placas situadas nos extremos dunha caldeira ou dun cambiador de calor, provistos de buracos que se fixan nos tubos.
-
placa de nivelación
[TECNOL]
Cravo coa cabeza semiesférica e unha broca duns 9 ou 10 cm de diámetro soldada, para que non se afunda na terra. Serve para sinalar puntos de bordos provisionais.
-
placa de toques
[QUÍM]
Placa de porcelana con diversas concavidades, empregada para efectuar reacción á gota.
-
placa filtrante
[QUÍM]
Lámina constituída por un material poroso, xeralmente vidro sinterizado, a través do que se poden efectuar filtracións.
-
placa reflectora
[TRANSP]
Elemento da sinalización vertical de vías, que consiste nunha placa que brilla moito cando é iluminada por unha fonte de luz.
-
s
f
-
-
s
f
Anaco de calquera material que leva escrita ou gravada unha inscrición.
Ex: A placa conmemoraba a fundación da cidade. A placa do hotel indicaba que era de catro estrelas. A placa da matricula estaba borrosa.
-
s
f
Insignia identificativa.
Ex: Leva unha placa co seu nome gravado.
-
placa de estado
[TRANSP]
Lámina metálica ou papel adhesivo de forma oval e de cor branca, na que consta a sigla, en cor negra, do estado no que foi matriculado o vehículo automóbil, segundo un convenio internacional, e que adoita estar colocada na parte traseira dos vehículos.
-
s
f
-
-
s
f
Zona diferente do resto dunha superficie.
-
placa celular
[BIOL]
Placa das células vexetais que se forma a partir do fragmoplasto que permite a separación das células fillas orixinadas na mitose. Está situada no plano ecuatorial da célula, perpendicularmente ás fibras do fuso acromático.
-
placa de Hutchinson
[PAT]
Manchas na córnea na queratite sifilítica.
-
placa de Peyer
[ANAT]
Conxunto de folículos agrupados na parte oposta ao mesenterio do intestino delgado.
-
placa ecuatorial
[BIOL]
Disposición dos cromosomas durante a metafase da mitose, ou da meiose, cando se atopan todos, aproximadamente, nun mesmo plano do ecuador do fuso acromático.
-
placa mucosa
[PAT]
Condiloma de forma plana.
-
placa terminal
[FISIOL]
sinapse neuromotora.
-
s
f
-
[ZOOL]
-
s
f
Formación plana de material duro que normalmente forma parte do exoesqueleto ou dermatoesqueleto dalgúns animais. É de natureza calcaria, como a de moitos equinodermos, córneo-ósea, como a dos crocodilianos, os quelonios e mamíferos desdentados, ou completamente ósea, como a dos condritios e osteitios, e completamente córnea, como a dos réptiles escatosos.
-
placa basal
Conxunto de cartílaxes paracordais e bancos trabéculo-polares unidos na base do neurocranio dos peixes ciclóstomos.
-
placa basal
Placa esquelética dos madreporarios, da que se elevan os septos radiais (escleroseptos e sarcoseptos).
-
placa basal
Placa formada por dentina e por un dente cutáneo recuberto dun estrato de esmalte, que constitúe as escamas placoides dos peixes selacios.
-
placa basal
Cada unha das cinco placas que forman parte do cáliz dos equinoideos. Unha destas placas basais é a placa madrepórica. As placas basais son denominadas tamén placas xenitais porque posúen as aberturas xenitais que permiten a saída ao exterior dos produtos sexuais.
-
placa madrepórica
Placa do dermatoesqueleto dos equinodermos situada ao lado da boca e en posición dorsal nos asteroideos, equinoideos e nalgúns holoturioideos, e perforada por numerosos orificios por onde entra a auga que enche o sistema ambulacral. Nos crinoideos e algúns holoturioideos substitúese por un ou máis orificios.
-
placa neural
Expansión plana do tecido neural, na rexión dorsal da gástrula, primeiro rudimento do sistema nervioso dos vertebrados.
-
placa ósea
Escudo cutáneo, óseo, máis ou menos desenvolvido, que sostén os escudos córneos da epiderme queratinizada dos réptiles quelonios e crocodilianos.
-
placa precordal
Rexión do mesoblasto que durante a gastrulación do embrión dos vertebrados permanece situada baixo o territorio do notocordio e dá orixe ao mesoderma cefálico.
-
s
f
-
s
f
[PROTISTA]
Peza que forma parte da teca dos dinoflaxelados.
-
[FÍS]
-
s
f
Ánodo dun tubo electrónico.
-
s
f
Eléctrodos dun condensador ou dun acumulador.
-
placa deflectora
Cada un dos eléctrodos de deflexión dun tubo de raios catódicos.
-
s
f
-
placa de cultivo
[MICROB]
placa de Petri.
-
placa litosférica
[XEOL]
Cada un dos bloques en que se divide a litosfera. As placas, que se comportan rixidamente, pódense desprazar horizontalmente sobre a astenosfera, que é máis plástica, como consecuencia da expansión das fontes oceánicas. Actualmente, considérase a litosfera dividida en seis grandes placas (Eurasiática, Africana, Americana, Indoaustraliana, Antártica e do Pacífico) entre as que se sitúan cinco ou seis placas máis pequenas.