"PS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

    1. Relativo ou pertencente aos pseláfidos.

    2. Insecto coleóptero da familia dos pseláfidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos coleópteros, que inclúe especies de tamaño pequeno ou moi pequeno, de entre 0,9 e 3,5 mm de lonxitude co corpo alongado, cor marrón brillante, e élitros curtos. Viven en zonas húmidas, entre a vexetación do solo, no humus e no mofo, aínda que algúns son cavernícolas ou se desenvolven baixo terra. Aliméntanse doutros insectos ou de larvas, algúns dos que son pragas de plantas, polo que os individuos desta familia son beneficiosos para o seu control.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, historiador e filósofo bizantino. Ensinou filosofía na restaurada Academia de Constantinopla, ao tempo que alcanzaba os cargos máis altos da administración baixo o reinado de diversos emperadores. Ademais de obras de interese filolóxico, escribiu Eloxios fúnebres, dedicados aos grandes patriarcas da época, Eloxios, dedicados a coetáneos ilustres, a Acta de Acusación de Miguel Cerulario, centenares de Letras e a súa obra máis destacada, Cronografía, relato da historia de Bizancio desde 976 a 1077.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos escoftálmidos, ao que pertence o rodaballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflorescencia que semella unha flor, como o ciatio dalgunhas euforbiáceas e os capítulos ligulados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das poáceas, con talos de ata 150 cm de altura, follas anchas e planas, flores dispostas en inflorescencias de tipo panícula e froito de pequeno tamaño. Distribúese polo SO de Europa, e en Galicia atópase a especie P. longifolium, que florece entre maio e agosto, entre toxos e breixos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado ‘falsidade’, ‘falso’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado ao autor dos escritos atribuídos a san Denís o Areopaxita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece o autor do tratado filosófico Do sublime, falsamente atribuído a Casio Lonxino. Foi obra probablemente dun mestre de retórica de orixe grega que defendeu a retórica como unha actividade creadora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuarta parte do Liber Sancti Iacobi (s XII), de temática xacobea, tamén coñecido como Crónica de Turpin, pois está atribuído ao arcebispo de Reims, Turpin. Constitúe un texto épico que narra a liberación do Camiño de Santiago polo Emperador Carlomagno e que está moi vinculado aos cantares de xesta franceses, como a Chanson de Roland. Circulou de forma independente por toda Europa e deu pé a diversas crónicas francesas e islandesas

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade de presentar pseudoalelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parella de elementos xenéticos asociados con segmentos duplicados dalgúns cromosomas, como os da drosófila e os dalgúns bacteriófagos, que se comportan como alelos ao efectuar os mesmos procesos no organismo e presentarse en cistróns homólogos, pero que, polo feito de orixinárense por mutacións en partes diferentes do cístron, presentan recombinacións por entrecruzamento dentro deste e son, polo tanto, separables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera dos sulfatos dobres de dous metais, un dos que é trivalente, que non son isomorfos do alume común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falsa articulación producida como consecuencia dun defecto de consolidación dun óso fracturado no que se producen movementos dunha maior ou menor amplitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao pseudocarpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito falso que non provén do ovario, como é o caso dos conos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cavidade que deriva do embrión, comprendida entre o intestino e a parede do corpo, sen revestimentos mucoepiteliais propios, presente en determinados invertebrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pseudocelomados.

    2. Animal invertebrado do grupo dos pseudocelomados.

    3. Grupo de animais que non presentan un verdadeiro celoma. A cavidade que presentan con paredes formadas por mesoderma, é un blastocele transformado e envolvido por unhas células mesenquimáticas, é dicir, un pseudoceloma. Algúns destes invertebrados son os nemátodos, rotíferos e acantocéfalos, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falso embarazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á proxección en que os paralelos son rectilineos e paralelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a algúns dos moitos escritos apócrifos que circulaban na primitiva Igrexa atribuídos a san Clemente I, concretamente as Homilías, os Recoñecementos, e os dos Epítomes, que soen datarse no s III. De tendencia xudeognóstica, e tamén influencias arianas, presentan a Xesús Cristo como o eón divino, revelado previamente a Adán e a Moisés. A escola de Tübingen considerounos un testemuño do suposto conflito entre os partidarios de san Pedro e os de san Paulo na Igrexa primitiva. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO