pseláfido -da
pseláfido -da
(< lat científico Pselaphus)
-
adx
Relativo ou pertencente aos pseláfidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto coleóptero da familia dos pseláfidos.
-
s
m pl
Familia de insectos, da orde dos coleópteros, que inclúe especies de tamaño pequeno ou moi pequeno, de entre 0,9 e 3,5 mm de lonxitude co corpo alongado, cor marrón brillante, e élitros curtos. Viven en zonas húmidas, entre a vexetación do solo, no humus e no mofo, aínda que algúns son cavernícolas ou se desenvolven baixo terra. Aliméntanse doutros insectos ou de larvas, algúns dos que son pragas de plantas, polo que os individuos desta familia son beneficiosos para o seu control.