"RAF" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 981.
-
-
-
Arte e técnica de montar a escena teatral.
-
Conxunto de elementos que forman o decorado dunha obra teatral, cinematográfica ou dun programa de televisión. Concrétase na ideación e na construción do mundo dramático no que se desenvolve a acción e no que os personaxes viven os diversos conflitos que conforman o drama ou a comedia. Inclúe os decorados, os figurinos, o atrezzo, o mobiliario e a luminotecnia. Pódese fixar a súa orixe en Grecia no s V a C. Os decorados de seda representaban palacios ou templos para as traxedias, mentres que os cuartos de dous pisos eran para as comedias. Os decorados romanos primitivos eran de tres clases: tráxicos, cómicos e satíricos, e semellaban templos, palacios, tumbas, rochas e altares. Por outro lado, os populares espectáculos de mimo tiñan lugar sobre pequenos estrados, cunha simple cortina como fondo. A utilización de carretas unidas entre si por pequenas plataformas complicou a decoración teatral, ata chegar ao extremo das complexas imaxinacións dos autos sacramentais do s XVII. No...
-
-
Conxunto de elementos, entre outros, arquitectónicos e paisaxísticos, que se dispoñen nunha obra de arte para producir o efecto dun ambiente determinado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á escenografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Artista encargado do deseño e da construción de escenografías. Tradicionalmente, o escenógrafo ocúpase do deseño do espazo escénico, no que se recrea un mundo dramático concreto, sexa desde o naturalismo, sexa desde a pura abstracción, e do deseño do vestiario e dos diversos obxectos, útiles e materiais que se sitúan en escena, como parte do mundo recreado ou como elementos que manipulan os personaxes. Pintores como Pablo Picasso, Henry Matisse, Max Ernst ou Salvador Dalí, colaboraron con importantes compañías de teatro na realización escenográfica. Os escenógrafos poden adquirir unha formación específica nas Escolas Superiores de Arte Dramática, onde existe a especialidade de escenografía. En Galicia, hai que destacar os traballos pioneiros de Camilo Díaz Baliño, que colaborou con diversas compañías de teatro galego nos anos vinte e foi o escenógrafo oficial da Empresa Fraga durante unha boa parte do primeiro terzo do s XX. Tamén cómpre destacar o pulo desenvolvido no terreo profesional...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método para rexistrar a medida, a forma e a función de determinados órganos, principalmente da glándula tiroide, aproveitando a captación das escintilacións emitidas polos radioisótopos administrados ao paciente.
-
-
Arte de determinar a hora pola sombra que proxectan os obxectos iluminados pola luz solar ou lunar.
-
Arte de reproducir os obxectos en claroscuro. Utilízase sobre todo no debuxo arquitectónico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á esciografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Imprenta creada en 1855 polo Concello de Santiago, destinada á formación profesional dos hospicianos e a cubrir a demanda de material impreso do propio concello. Principiou o seu funcionamento en 1856, baixo a dirección de Juan Rodríguez Vielsa, grazas á axuda económica prestada polos irmáns e docentes Teodoro e Ramón Varela de la Iglesia. Chamada inicialmente Imprenta da Casa Hospicio, posteriormente denominouse Escola Tipográfica do Hospicio. Mantivo a súa actividade ata os primeiros anos do s XX.
-
GALICIA
Industrial e político. Profesor mercantil, foi concelleiro en Ribadavia por Alianza Popular (1979-1983) e despois polo Partido Popular (1987-1991 e 1995-1999). Foi deputado por Ourense no Parlamento galego (2000-2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento para rexistrar automaticamente a forma e a forza do pulso arterial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
esgarrar.
-
-
de esgrafiar.
-
Técnica de decoración mural que consiste en raiar ou riscar unha capa de pintura ou outro material de xeito que quede á vista un fondo de cor diferente. Conséguese superpoñendo capas de lucido de distinta cor e, cando estas están aínda frescas, ráiase co grafio. Apareceu en tempos prehistóricos en obxectos de uso corrente, como xerras, figuras e lápidas, e aplicouse en Italia na decoración de fachadas. Os temas máis abundantes son os alegóricos e os motivos arquitectónicos e xeométricos que se realizan mediante patróns. No s XX desenvolveuse a aerografía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trazar debuxos nun paramento facendo saltar en certos lugares a capa superficial de estuco que o reviste e deixando ao descuberto a capa inferior doutra cor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplicación da fotografía ao estudo dos espectros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á espectrofotografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio dos espectros realizados mediante o espectrógrafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao espectrógrafo ou á espectrografía.
-
-
Espectrómetro que permite rexistrar sobre un soporte de imaxe, que pode ser unha placa fotográfica, uns receptores fotoeléctricos ou unhas cámaras de televisión, o espectro da radiación estudiada. A incorporación dunha cámara fotográfica a un espectrómetro convérteo nun espectrógrafo. Un espectrógrafo de placa fotográfica, asociado a un telescopio clásico, permite analizar o dominio espectral comprendido entre os 310 nm e os 1.100 nm. A placa fotográfica pode substituírse, neste dominio, por cámaras electronográficas, cámaras CCD, cámaras de televisión ou receptores fotoeléctricos.
-
Aparato que determina o nivel relativo das diferentes frecuencias que integran un son complexo. Permite analizar os harmónicos e expresar a súa porcentaxe e o seu nivel. Está composto dunha serie de filtros que descompoñen a corrente microfónica, de xeito que só permiten o paso dunha serie de frecuencias. Estas, trala correspondente análise electrónica e dixitalización coa axuda de medios informáticos, convértense en variacións de luminosidade sobre unha pantalla, e dan conta dos compoñentes da onda sonora inicial.
-
Espectrómetro de masa dotado dun sistema de rexistro fotográfico.
-
Espectrómetro magnético dotado dalgún tipo de sistema que rexistre as intensidades dos diferentes feixes de partículas cargadas electricamente, separados de acordo co valor do seu momento lineal. É, polo tanto, un espectrómetro magnético rexistrador.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que consiste nun espectrohelioscopio dotado dunha cámara cinematogáfica, que se emprega para filmar a evolución de fenómenos solares, xeralmente en luz monocromática.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio do espectro solar que se realiza, xeralmente, mediante un espectroheliógrafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao espectroheliógrafo ou á espectroheliografía.