"RAG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Cabeiras (Arbo) e San Xosé de Ribarteme (As Neves). O seu cumio acada os 592 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Malia mostrar trazos románticos e costumistas, representa a aparición da novela catalá moderna, que reflicte a vida contemporánea. Realista declarado, iniciou a corrente literaria máis avanzada e máis cosmopolita da época, participou nos inicios do movemento modernista e colaborou en L’Avenç. As súas obras foron traducidas a diversas linguas e delas destacan Croquis del natural. La papallona (1882), prologada por Zola na versión francesa (1885); La boguería (1898) e Al llapis i a la ploma (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos artiodáctilos, ruminantes, da familia dos bóvidos, que presentan o corpo moi esvelto e a corna dos machos circular e gallada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, IX marqués de Albaida. Tomou parte activa na Revolución de 1848 e, en xeral, en todos os movementos democráticos, polo que foi apresado numerosas veces e desterrado. Foi deputado en diversas lexislaturas e nas Cortes Constituíntes de 1869 e de 1873. Escribiu artigos e obras de propaganda política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa de tecido cromafín distribuído polo corpo arredor dos sistema nervioso simpático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor que está formado polo tecido que procede dun paraganglio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • paraglosite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación dos tecidos que envolven a lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Individuo que presenta o maxilar inferior colocado lateralmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gneis formado por metamorfismo de rochas sedimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que consiste en ilusións no recoñecemento perceptivo, como as producidas durante o sono cando se exercen estimulacións suficientes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infestación que está producida por parasitos do xénero Paragonimus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de trematodos parasitos que presentan un ciclo vital en que utilizan un molusco e un crustáceo de auga doce antes de instalarse, definitivamente, en mamíferos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adición dun ou máis fonemas, fundamentalmente vocálicos, etimolóxicos ou non, ao final dunha palabra. En galego é moi frecuente a adición dun -e paragóxico, preferentemente nas palabras rematadas en ditongo ou consoante, sobre todo /r/ e /ŋ/ (mullere, mare, Marinhe, poise, facile, etc). Este -e paragóxico non altera a pronuncia velar de <n> final. Non se practica nos rexistros coidados e non se representa na escrita, agás cando se reproduce fielmente o rexistro oral como, por exemplo, no cancioneiro popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á paragoxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dividir ou dispoñer un texto en parágrafos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno da escritura caracterizado pola confusión dunhas palabras con outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sección ou subdivisión dun discurso ou dun capítulo, xeralmente numerado, que forma unha unidade polo feito de tratar dun punto en particular.

      2. Cada un dos fragmentos dun escrito ou un impreso separados por un punto e á parte.

    1. Signo gráfico (§) con que se representa cada sección ou subdivisión do discurso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Paraguay ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Paraguay.

    3. Arte desenvolvida en Paraguay. A época de máximo esplendor corresponde aos ss XVII e XVIII coas misións xesuíticas. Nesta época os estilos europeos mesturáronse con características indíxenas e destacan as misións de San Ignacio, San Cosme, Jesús e Santa Trinidad. No s XIX impúxose o neoclasicismo, con exemplos como a catedral de Asunción, o palacio do Goberno e o Panteón.

    4. Literatura en lingua castelá cultivada en Paraguay. Naceu baixo a preponderancia do modernismo, e Alejandro Guanes e Eloy Farina Núñez foron os dous primeiros nomes notables. As dúas xeracións modernistas do país xiraron ao redor das revistas Crónica (1913-1915) e Juventud (1923-1925), e os poetas máis destacados foron G. Molinas Rolón, L. Ramos Giménez e P. Max Ynsfrán. Manuel Ortiz Guerrero foi un autor que sobresaíu polo seu perfil de poeta popular e polo seu bilingüismo (guaraní e castelán). Co modernismo comezaron os primeiros signos de expresión nacional, e foi a partir da guerra do Chaco (1932-1935) cando se consolidou un pulo creador que integrou a toda a nación. N. González iniciou unha poesía de reivindicación do indio. A gran figura lírica desta tendencia foi Herib Campos Cervera, e a primeira achega da novelística indíxena paraguaia foi a de Gabriel Casaccia. A poesía social da década de 1950 estivo representada por Elvio Romero. R. Domínguez, J. Luis Appleyard...

    5. Música cultivada en Paraguay. Os indíxenas empregaban instrumentos de percusión, de vento e a arpa paraguaia, que era unha pequena arpa diatónica. Despois da colonización europea, as misións xesuítas do Paraná introduciron, no s XVI, a música relixiosa europea, e máis tarde a profana. Coa independencia, apareceron unha serie de correntes musicais populares baseadas principalmente na música de salón europea, pero con ritmos e metros propios, o que deu pé a danzas como a polca paraguaia, o galopa e a guaranía. As principais figuras do ambiente musical clásico foron A. Barrios Mangoré (1885-1944), Á. Menchaca (1885-1924), R. Giménez (1889-?) e J. C. Moreno (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península de Venezuela, situada no Caribe, no estado de Falcón, unida ao continente por un istmo estreito (3.000 km2). A súa economía baséase no gando cabrún e nas refinarías de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO