"RAI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 377.

  • Franxa da chaira pantanosa que se estende ao pé dos Siwalik ata a chaira ganxética, entre o S de Nepal e India, formada pola resurxencia das augas infiltradas nos terreos do pé de montaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Taraio (Malpica de Bergantiños). Construíuse en cantaría de granito, con planta en forma de L pero as reformas conformaron unha planta rectangular. Na fachada conserva un escudo coas armas dos señores de Taraio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Irlanda (2.256 km2; 75.514 h [1996]). A súa capital é Clonmel (11.737 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Irlanda (2.046 km2; 58.021 h [1996]). A súa capital é Nenagh (5.480 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo francés. Especializado en temas de socioloxía industrial, deu importancia ao proceso de traballo. Escribiu, entre outras obras, Sociologie de l’action (1965), La conscience ouvrière (1965), La société postindustrielle (1969), Prodution de la société (1973), Pour la sociologie (1974), L’après-socialisme (1980), Le Mouvement ouvrier (1894) e Critique de la modernité (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Areal incluído no Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Costa da Morte, situado no litoral da parroquia de Traba, no concello de Laxe. Abrangue o treito de costa situado ao NL dos Penedos de Traba, na serra de Pena Forcada, que se estende ao longo de 3 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. iolación da fidelidade que se lle debe a algo ou a alguén.

    2. Falta que se comete por colaboración co inimigo.

    3. Falta á promesa de fidelidade ou delito de traizón, na Idade Media. Distinguíase entre traizón maior que se castigaba coa morte e a común que tiña como pena o exilio. Entre os delitos que levaban á primeira estaban dar morte ao señor, infrinxir un pacto de paz e tregua ou atentar contra o soberano. Cometía traizón común quen por exemplo non prestaba axuda ao señor ou quen faltaba a un xuramento.

    4. Cada unha das figuras delituosas, previstas no Código Militar e no Código Penal, coa característica común de violación do deber de fidelidade á patria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de traer.

    2. Conxunto de instalacións apropiadas que levan a auga dun manancial ou depósito á casa e que aseguran o seu abastecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen comete traizón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cautela que ten unha persoa para non correr riscos ao executar un delito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Castelló de la Plana, Comunitat Valenciana (1.570 h [2001]). Destacan os cultivos de oliveiras, amendoeiras, cítricos e hortalizas. Case a metade da poboación activa traballa na industria e nos servizos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. camión tractor.

    2. Sucesión de breves escenas dunha película para contribuír á súa publicidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello de pesca constituído por unha rede de grandes dimensións, de forma aproximadamente rectangular, con cortizas e chumbos e cuns aneis polos que pasa un cabo que, ao estiralo, converte a rede nunha bolsa na que quedan presos os peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Embarcación de remos que se empregaba para pescar con traíña.

    2. Embarcación deportiva de banco fixo, longa e estreita, cunha tripulación de doce remeiros, un proeiro e o patrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación deportiva de banco fixo, de dimensións medias, cunha tripulación de seis remeiros e o patrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparello de cerco para a pesca da sardiña máis grande ca a traíña.

    2. Embarcación antiga para a pesca da sardiña, ancha pola popa e estreita pola proa, que tiña un remo lateral amodo de temón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘cárcere’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cometer traizón contra algo ou alguén.

    2. Fallar ou non responder como era de esperar ante algo ou alguén.

    3. Revelar, de xeito inconsciente, algo que se quere ou se debe manter en segredo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen traizoa a confianza de alguén.

    2. Que ou quen revela algo dunha persoa, en contra da súa vontade.

    3. Que non ofrece seguridade a pesar da súa aparente normalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. iolación da fidelidade que se lle debe a algo ou a alguén.

    2. Falta que se comete por colaboración co inimigo.

    3. Falta á promesa de fidelidade ou delito de traizón, na Idade Media. Distinguíase entre traizón maior que se castigaba coa morte e a común que tiña como pena o exilio. Entre os delitos que levaban á primeira estaban dar morte ao señor, infrinxir un pacto de paz e tregua ou atentar contra o soberano. Cometía traizón común quen por exemplo non prestaba axuda ao señor ou quen faltaba a un xuramento.

    4. Cada unha das figuras delituosas, previstas no Código Militar e no Código Penal, coa característica común de violación do deber de fidelidade á patria.

    VER O DETALLE DO TERMO