traizón
traizón
(
-
s
f
iolación da fidelidade que se lle debe a algo ou a alguén.
-
s
f
Falta que se comete por colaboración co inimigo.
-
s
f
[DER/HIST]
Falta á promesa de fidelidade ou delito de traizón, na Idade Media. Distinguíase entre traizón maior que se castigaba coa morte e a común que tiña como pena o exilio. Entre os delitos que levaban á primeira estaban dar morte ao señor, infrinxir un pacto de paz e tregua ou atentar contra o soberano. Cometía traizón común quen por exemplo non prestaba axuda ao señor ou quen faltaba a un xuramento.
-
alta traizón
[DER]
Cada unha das figuras delituosas, previstas no Código Militar e no Código Penal, coa característica común de violación do deber de fidelidade á patria.
Frases feitas
-
Á traizón. Sen que un se decate ou poida reaccionar.