"ROM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1150.

  • Xilografía de cor que precisa de pranchas diferentes para obter as distintas cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tecedor e mecánico inglés. En 1779 construíu unha máquina de fiar algodón que, mediante a combinación de elementos da spinning-jenny de Hargreaves e da water-frame de Highs, producía un fío fino e forte ao mesmo tempo, apto para a fabricación de toda clase de tecidos. Polo seu carácter híbrido recibiu o nome de mule-jenny.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cromulinais.

    2. Alga da orde das cromulinais.

    3. Orde de algas da clase das crisofíceas que se caracteriza por presentar un só flaxelo funcional, pola ausencia de parede celular e por ter dous plastos parietais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico norteamericano. Comezou interpretando papeis secundarios e na década de 1910 triunfou en Broadway. En Hollywood realizou películas no cine mudo e coa chegada do sonoro destacou nalgunhas adaptacións de novelas como Tom Sawyer (As aventuras de Tom Sawyer, 1930); Of Human Bondage (Cativo do desexo, 1934); Little Lord Fauntleroy (O pequeno lord, 1936); The Prisoner of Zenda (O prisioneiro de Zenda, 1937) ou Anna and the King of Siam (Ana e o rei de Siam, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés. Educado nun ambiente puritano, en 1628 foi elixido membro do Parlamento, que se disolveu ao ano seguinte. Trala súa restauración en 1640, foi membro da oposición á monarquía absoluta e á Igrexa episcopal. Durante a guerra civil, dirixiu un exército revolucionario, o New Model Army. Opúxose ao decreto de disolución do exército aprobado polo Parlamento e, despois do intento de fuxida do monarca (1647), depurou o Parlamento (1648) e conseguiu do resto dos parlamentarios que condenasen a morte de Carlos I (1649) e que proclamasen a República (Commowealth). Nomeado membro do consello de Estado e do consello de oficiais do exército, asumiu todo o poder. Promoveu a incorporación de Irlanda (1649-1650) e de Escocia (1650-1651), disolveu o Parlamento (1653) e estableceu o protectorado (1653) do que tomou o título de lord protector. Durante o seu goberno, estableceu a Acta de Navegación (1651) e derrotou as Provincias Unidas (1654); deste xeito asegurou a prosperidade da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés, fillo de Oliver Cromwell. Sucedeu a seu pai en 1658 como lord protector de Inglaterra, Irlanda e Escocia. Non conseguiu conservar a alianza entre o exército e o Parlamento, e dimitiu en 1659.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés, conde de Essex. En 1520 entrou ao servizo do cardeal Thomas Wolsey e, en 1529, ao de Enrique VIII. Foi chanceler do exchequer (1533) e lord do selo privado (1536). Favoreceu o absolutismo real, a supresión dos mosteiros, a ruptura con Roma, a reforma da Igrexa inglesa e o divorcio do rei de Catarina de Aragón. A súa impopularidade e o fracaso da unión matrimonial e da alianza con Alemaña, provocaron a súa caída e posterior execución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Impresión feita en catro cores, tres delas son as da tricromía (amarelo, magenta e cian) e a cuarta é o negro ou outra cor escura, para reforzar o conxunto. Obtense pola reprodución por superposición das tres imaxes monocromáticas das tres cores primarias e da negra ou doutra cor escura, que adoita facerse na mesma impresión do texto.

    2. Conxunto de procedementos necesarios aos que haberá que someter certos documentos para imprimir unha publicación en cor. Por exemplo, nas aplicacións de tratamento de fotografías, estas veranse habitualmente en pantalla co sistema RGB, mais para imprimilas será necesario gardalas conforme ás especificacións CMYK; isto significa que cando se confeccionen os fotolitos en base aos que se imprime, haberá catro por páxina. Un para a cor cian, outro para o magenta, un máis para o amarelo e un cuarto para o negro. Nun programa de deseño cada cor ten a súa propia canle e haberá un procedemento similar de separación de cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de acontecementos políticos de mediados do s XIX que culminaron coa ocupación e supresión dos Estados Pontificios por Víctor Manuel II de Italia (1870). A Revolución de 1848 proclamou a República Romana (1849); sen embargo, restaurado o poder papal, Pío IX adoptou unha política reaccionaria, hostil á posibilidade de que a unificación italiana se producise baixo a Coroa de Savoia; isto fíxoo depender da protección de Napoleón III de Francia. O problema agravouse coa proclamación do Reino de Italia (1861). Ao retirarse as tropas francesas e caer Napoleón III (1870), os italianos tomaron Roma. Non obstante, ningún papa aceptou os feitos ata 1929, cando se asinaron os Pactos de Letrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de cobre e cromo, este último nunha porcentaxe dun 1% a un 10%. Cando a proporción de cobre é inferior a un 1%, a aliaxe ten a mesma condutividade eléctrica que o cobre e unha resistencia mecánica moito máis alta. Emprégase como electrodo en soldadura eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hiperfunción corticosuprarrenal cun exceso da segregación de glicocorticoides, descrita por H. W. Cushing. Pode ser primaria, cando a alteración só é cortical, ou ben secundaria debido a un aumento da produción da ACTH hipofisaria, caso no que se denomina enfermidade de Cushing. Máis frecuente en mulleres, caracterízase pola obesidade da cara e do tronco, estrías abdominais da cor do viño, atrofia muscular, osteoporose, hipertensión arterial, hiperglicemia, amenorrea e impotencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dialecto principal do romanés, subdividido en moldavo e valaco. Chámase así porque comezou a desenvolverse na antiga provincia romana de Dacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Princesa e escritora. Comezou a publicar baixo o pseudónimo de Unha muller rusa e foi responsable da saída do prelo do primeiro gran dicionario de ruso. Contribuíu á entronización de Catarina II, foi directora da Academia Rusa de Ciencias (1783) e fundadora da Academia Rusa da Lingua. Colaborou na revista Nevinnoje upražnenije. Tamén escribiu Memoirs of the Princess Dashkow Written by Herself (Memorias da princesa Dashkow escritas por ela mesma, 1840), obra escrita orixinariamente en francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e economista. Foi asesor económico no Segundo Plan de Desarrollo, vicepresidente do FORPA (1969-1970), conselleiro económico da embaixada de España en Pretoria (1970-1975) e director xeral no ministerio de Comercio, Industria e Facenda (1977-1979). Dende xullo de 1980 ocupou a xefatura de xestión das reservas de divisas e relacións internacionais do Banco de España. Foi nomeado secretario xeral de comercio do ministerio de Economía e Facenda (1982) e secretario de estado de Economía e Facenda (1986). En 1988 abandonou a Administración pública e integrouse nos consellos de administración do Banco Exterior de España (BEX), do Instituto Nacional de Hidrocarburos e de Renfe, e foi nomeado conselleiro delegado do Banco Pastor o 22 de xullo dese ano. No 1989 foi elixido membro do grupo de expertos G-30 (organismo internacional independente dedicado ao estudo dos problemas económicos e financeiros do mundo). Colaborou co Instituto de Estudios Económicos de Galicia da Fundación Pedro Barrié...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma semellante a unha árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor cutáneo benigno moi frecuente e que normalmente adopta forma de pápula ou nódulo de cor morada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Dedicouse á carreira militar e á política. Entre as súas obras cómpre destacar Starina i novizna (O vello e o novo, 1773), Oda K Felica (1782), Bog (Deus, 1784) e Vodopad (Fervenza, 1791 -1794).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar o chumbo dun aparello de pesca.

    2. Caer o chumbo dun aparello de pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar o revestimento de cromo dunha peza metálica por disolución electrolítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao mecanismo que establece unha ligazón entre dous dos seus puntos, de xeito que a velocidade dun orixina a velocidade determinada do outro.

    VER O DETALLE DO TERMO