Dehesa Romero, Guillermo de la

Dehesa Romero, Guillermo de la

Avogado e economista. Foi asesor económico no Segundo Plan de Desarrollo, vicepresidente do FORPA (1969-1970), conselleiro económico da embaixada de España en Pretoria (1970-1975) e director xeral no ministerio de Comercio, Industria e Facenda (1977-1979). Dende xullo de 1980 ocupou a xefatura de xestión das reservas de divisas e relacións internacionais do Banco de España. Foi nomeado secretario xeral de comercio do ministerio de Economía e Facenda (1982) e secretario de estado de Economía e Facenda (1986). En 1988 abandonou a Administración pública e integrouse nos consellos de administración do Banco Exterior de España (BEX), do Instituto Nacional de Hidrocarburos e de Renfe, e foi nomeado conselleiro delegado do Banco Pastor o 22 de xullo dese ano. No 1989 foi elixido membro do grupo de expertos G-30 (organismo internacional independente dedicado ao estudo dos problemas económicos e financeiros do mundo). Colaborou co Instituto de Estudios Económicos de Galicia da Fundación Pedro Barrié de la Maza. Representou o goberno español no FMI, no Banco Mundial, na OCDE e na rolda Uruguay do GATT. En xuño de 1991 foi elixido presidente do Consello Superior de Cámaras de Comercio, Industria e Navegación. Dende o 1 de febreiro de 1995 é conselleiro asesor do Banco Pastor e o 21 de marzo de 1996 accedeu á presidencia da aseguradora Plus Ultra.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Madrid