"Rus" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 386.

    1. Fritir os ingredientes para facer un rustrido.

    2. Botar o rustrido a unha comida.

    3. Fritir en exceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Losanxe cun burato redondo no medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Sobresaíu co seu poema épico Vepkhis Tkaossani (O cabaleiro da pel de pantera), de máis de 1.500 estrofas, convertido en poema nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Xeorxia situada á beira do río Kura (158.000 h [1997]). Xurdiu en 1948 a raíz da construción dunha fábrica metalúrxica en Transcaucasia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rusuláceas.

    2. Fungo da familia das rusuláceas.

    3. Familia de fungos basidiomicetos, da orde dos rusulais, integrada por fungos de carpóforos grandes ou medianos, coa carne granulada, non fibrosa, coas esporas de cores claras e con ornamentacións amiláceas e sombreiro de cor variable desde rosada ata verde, as láminas de cor branca e o pé cilíndrico, de cor branca. Poden ter sabor doce ou picante. En Galicia pódese atopar o xénero Russula, con especies como R. cyanoxantha ou R. nigricans.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos rusulais.

    2. Fungo pertencente á orde dos rusulais.

    3. Orde de fungos, da clase dos basidiomicetos, que comprende fungos con carpóforos dotados de pé e láminas, como os agaricais. Diferéncianse pola carne granulada e fráxil, a cuberta do sombreiro lisa e viscosa e formada por restos de células esféricas agrupadas arredor de tubos laticíferos, e polas esporas ornamentadas con relevos de amidón. Pertencen a esta orde xéneros como Lactarius ou Russula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome do territorio ocupado polos varegos fusionados cos eslavos, arredor da capital de Kiev, e que corresponde ao Principado de Kiev.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Orde relixiosa e militar de nome completo Soberana Orde Militar e Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén, de Rodas e de Malta, coñecida como Soberana Orde de Malta. A súa orixe atópase nun hospital fundado en Xerusalén ao redor de 1050 para asistir aos peregrinos que acudían aos Santos Lugares. Independizouse co beato Xerardo e en 1113 foi aprobada polo Papa Pascual II que a puxo baixo a tutela da Santa Sé. Coa constitución do Reino de Xerusalén, asumiu a defensa militar dos enfermos, peregrinos e territorios conquistados aos musulmáns e pasou a ser relixiosa e militar. Tiña como distintivo unha cruz branca de oito puntas sobre un hábito e capas negros. Coa caída de Xerusalén en 1291, estableceuse en Chipre e en 1310 en Rodas. A orde era gobernada polo gran mestre e por un consello. Territorialmente organizouse en sete linguas: Provenza, Auvernia, Francia, Italia, Aragón-Navarra, Inglaterra (con Escocia e Irlanda) e Alemaña; en 1492 Castela e Portugal separáronse de Aragón e constituíron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Estudou o cálculo de variacións, as condicións de integrabilidade das funcións diferenciais e os determinantes. É autor dunha regra para o cálculo do determinante das matrices de orde 2 e 3. Analizou tamén o movemento lineal e as órbitas dos cometas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Fundou e foi o primeiro presidente de Alianza Liberal. Foi senador (1977-1979) e deputado (1979-1982). Escribiu Qué es la monarquía (1976) e Cuando la transición se hizo posible: el Contubernio de Múnich (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos roedores, da familia dos esciúridos, á que pertencen algúns esquíos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Membro da escola de Pont-Aven, pintou, baixo a dirección de Gauguin, Le Talisman (1888), obra case abstracta baseada na cor, que derivou no manifesto plástico da arte nova e influíu especialmente nos nabís, grupo que presidiu. Simbolista místico, publicou L’ABC de la peinture (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Noruega (1122-1130), fillo de Magnus III e irmán e sucesor de Sten I. Defensor da fe cristiá, en 1107 emprendeu unha expedición marítima que o levou a Inglaterra, Lisboa e Xerusalén. Cos seus guerreiros saqueou algunhas cidades do litoral mediterráneo, como Sidón, e volveu por terra a Noriega (1111). Sucedeuno o seu fillo Magnus IV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes teleósteos, da familia dos silúridos, ao que pertence o siluro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rexente de Rusia (1682-1689), filla do Tsar Aleixo I de Rusia. Proclamada rexente coa axuda dos strel’cy, gobernou co seu conselleiro, o príncipe Vasilij Golicyn. Promoveu o desenvolvemento industrial e asinou unha paz con Polonia (1686). O resultado adverso das campañas contra os tátaros de Crimea (1687-1689) provocou o descontento xeneralizado, que foi aproveitado polo seu medio irmán Pedro I para derrocala e pechala nun convento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Comezou na fotografía (1908) da man de C. White, quen o introduciu na Photo Secession (1912). Influído por Stieglitz, seguiu o pictorialismo nos seus traballos, en que empregou lentes da súa creación (Struss Pitorial lens). Abriu o seu estudo (1917) e traballou para Vanity Fair, Vogue ou Harper‘s Bazaar. Despois da Primeira Guerra Mundial reorientou a súa carreira cara ao cine, onde foi director de fotografía de Ben Hur (1926), The Great Ditator (1940) ou Limelight (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos cinoglósidos, ao que pertence a pelada (S. nigrescens).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos artiodáctilos, da familia dos bóvidos, ao que pertence o búfalo africano (S. caffer).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos, da familia dos tapíridos, ao que pertence o tapir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino da constelación de Tauro.

    VER O DETALLE DO TERMO