"Sil" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 565.
-
GALICIA
Debuxante, ilustrador e deseñador. Coñecido como Carlos Silvar, licenciouse en Belas Artes na Escuela de San Fernando (1980) e a partir dese ano entrou no departamento de deseño do Grupo Sargadelos. Deseñador de cartelaría e decorados, colaborou como caricaturista en A Nosa Terra, Can sen dono, Xerme, Irimia, Coordenadas, Ameixa Cacofónica e La Voz de Galicia. Promotor do colectivo de creación audiovisual Ollo de Vidro, traballou como ilustrador para diversas editorais, para a Sociedade de Historia Natural e para Adega. Recibiu o primeiro premio de banda deseñada do Facho e a Curuxa do Humor (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Redactor de El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, foi director de Interviú e Diez Minutos. Escribiu La prensa del silencio (1975), Secuestro en el Mundial 82 (1982), Rojo, impar y pasa (1989), El retorno de los cuerpos (1990) e Flash mortal: los paparazzi, una profesión en el punto de mira (1997). Recibiu o Premio de Novela Camilo José Cela (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político ruso, conde de Rostopčin. Axudante de campo do Tsar Paulo I de Rusia, foi mariscal e ministro de Asuntos Exteriores (1798). Contrario á alianza con Francia, foi destituído (1801). Foi gobernador de Moscova (1812).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, crítico e pensador ruso. Filósofo de corte vitalista, considérase un simbolista. Crítico do cristianismo, pero non da relixión, pensaba nunha relixión natural en que o sexo, fronte ao amor, á familia e á activade vital, era o centro. Escribiu Legenda o velikom inkvizitore F. M. Dostojevskogo (A lenda do grande inquisidor de F. M. Dostojevskij’, 1894), Tjomnyj lik (O rostro escuro, 1911), Opavšije list’ja (As follas caídas, 1913-1915) e Apokalipsis našego vremeni (A apocalipse do noso tempo).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Parroquia do concello de San xoán de río. baixo a advocación de San silvestre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Membro do Sindicato de Dependientes e Comercio da CNT da Coruña, foi un dos fundadores do Partido Sindicalista e colaborou no seu voceiro Trabajo. Ao comezo da Guerra Civil, fuxiu a Portugal e Venezuela, onde se relacionou coa subdelegación da CNT e fundou o Lar Gallego, o Centro Gallego e a Casa de Galicia. Publicou Villardevós e O silencio redimido (1976), obra póstuma en que relata o seu camiño libertario no tempo inmediato á Guerra Civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Abadía beneditina situada 50 km ao SL de Burgos. De estilo románico, foi fundada polo conde Fernán González (919). A igrexa, consagrada en 1088, foi refeita (s XVIII) por Ventura Rodríguez. O claustro (ss XI-XII) foi famoso polos baixorrelevos dos ángulos e pola colección animalística dos capiteis. Das obras de ourivaría que se conservan destacan un cáliz mozárabe de prata dourada (s XI) e o frontal románico de cobre.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Nogueira de Ramuín baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase á estrutura ou ao órgano que se insire ou nace directamente sobre outro sen pedúnculo ou articulación.
-
Aplícase ás follas ou aos órganos desprovistos de pecíolo ou de pedúnculo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
sínfito.
-
PERSOEIRO
Príncipe de Transilvania (1581-1596 e 1601-1602), fillo e sucesor, por elección, do príncipe Cristóforo I. En 1596, despois de ser recoñecido príncipe herdeiro de Transilvania (1594) polo emperador, cedeulle o principado, pero, arrepentido, volveu sacar adiante o trono axudado polos turcos, e cedeulle a coroa definitivamente ao emperador en 1602.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Afluente, o máis importante, do río Miño, que a través de 228 km de lonxitude (123 km en territorio galego), percorre as provincias de León, Ourense e Lugo. Nace no val de Laciana, no municipio de Villablino (León), nos contrafortes da Cordilleira Cantábrica. Na provincia de León recibe as augas do Boeza, Cúa, Burbia, Tremor e Cabrera. Penetra na Comunidade Autónoma de Galicia pola provincia de Lugo, no encoro de Penarrubia, no concello de Rubiá, e atravesa os concellos de Carballeda de Valdeorras, O Barco de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras, Petín, A Rúa, Larouco, Quiroga, Ribas de Sil, A Pobra de Brollón, Monforte de Lemos, Castro Caldelas, Sober, A Teixeira, Parada de Sil, Nogueira de Ramuín, Pantón e A Peroxa, onde desemboca no río Miño, na parroquia dos Peares. Os principais afluentes galegos son o Casoio, Mariñán, Leira, Candís, Soldón, Quiroga, Lor, Cabe, Mao e Bibei. O relevo da conca é unha sucesión de vales encaixados e depresións tectónicas como as de Valdeorras, Quiroga,...
-
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, dous leóns rampantes de azul, afrontados, superados en xefe de tres crecentes ranversados de goles, colocados en faixa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado no Barco de Valdeorras a partir de outubro de 1996. Editado pola empresa de comunicación Garherve, apareceu orixinalmente como unha publicación de carácter deportivo que editou a asociación cultural Ainúr entre xaneiro e marzo de 1995. Tras o seu fracaso, Garherve fíxose cargo da cabeceira e engadiu á información deportiva outras noticias de carácter local, comarcal e autonómico, ademais de ampliar as seccións de cultura, política e natureza. Cunha periodicidade mensual, o xornal distribuíuse desde a provincia de Ourense a diversos países do mundo.
-
PERSOEIRO
Investigadora e crítica literaria portuguesa. Profesora no departamento de Estudos Portugueses da Universidade do Minho, en Braga, foi codirectora das revistas Nós e Cadernos do Povo, e presidenta das Irmandades da Fala en Portugal. Experta en literatura africana en portugués, investigou parte da obra de F. Pessoa. É autora de C.E.I. celeiro do sonho: geração de “Mensagem” (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada que se emprega para indicar a presenza nunha molécula dun átomo de silicio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Área de interese natural, incluída como Lugar de Importancia Comunitaria (2001) e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (2004) na proposta da Rede Natura 2000, situada nos concellos de Pantón, Sober, Nogueira de Ramuín e Parada de Sil, cunha superficie de 5.914 ha. A orografía do espazo está caracterizada por canóns formados polos ríos Sil e Cabe ao longo de 15 km con desniveis que van desde os 300 aos 500 m. Goza dun clima mediterráneo con diferenzas entre as abas de solaina e avesío. Nas transformacións sufridas por parte do home destacan o cultivo da vide mediante bancais e a construción de grandes encoros. A súa vexetación predominante é de tipo mediterránea e a maior parte da súa superficie está cuberta por mato. Nas chairas atópanse bosques de cerquiño e cara ao L de carballos, ambos os dous con xestas e uces. Nas paredes do canón existen bosques de sobreiras, aciñeiras e érbedos, e xunto ao río bosques de amieiros, salgueiros e mimosas. A súa vexetación tupida e o feito...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lucio Cornelio Sula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Publio Cornelio Sula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Son ou conxunto de sons que se pronuncian xuntos nunha soa emisión de voz. Unha sílaba sempre contén un núcleo que estará formado por unha vogal ou soante, acompañadas ou non de soantes e consoantes, que forman a marxe. A gramática tradicional divide as sílabas en directas (ca, be), inversas (in, ad) e mixtas (pan, sal), pero polo xeral, as sílabas clasifícanse en libres ou abertas cando rematan en núcleo (bo, ca-sa), e en trabadas ou pechadas cando acaban en marxe (már-tir). Segundo recaia sobre ela o acento de intensidade ou non, as sílabas tamén se poden dividir en tónicas (ou acentuadas) e átonas (ou non acentuadas), pois é a sílaba o segmento sobre o que recae o acento.