"Van" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 703.
-
PERSOEIRO
Poeta, dramaturgo e historiador. Máximo representante do simbolismo realista ruso. Rector da Universidade de Bakú, emigrou a Italia (1924) e converteuse ao catolicismo. Escribiu Rimskije sonety (Sonetos romanos, 1925) e Svet vecěrnyj (Luz de tarde, 1914-1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Loitou na guerra civil, foi protexido por Gor’kij, e en 1921 comezaron a publicarse as súas experiencias: Partizany (Guerrilleiros, 1921) e Bronepojzd 14-69 (O tren blindado 14-69, 1922). Despois de 1925 cambiou de estilo e dedicouse a manifestar a primitividade do escritor e do seu mundo: Tajnoje tajnykh (Misterio dos misterios, 1927), Pokhoždenija fakira (Viaxes dun faquir, 1935) e Vstreči s Maksimom Gorkim (Encontros con Maksim Gor’kij, 1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Rusia (23.900 km2; 1.232.400 h [estim 1999]). A súa capital é Ivanovo (469.000 h [estim 1999]), núcleo da industria algodoeira rusa. Foi fundada en 1871 co nome de Ivanovo-Voznesensk, que cambiou en 1932.
-
PERSOEIRO
Escritor romanés. Da súa produción destacan as novelas Vestibulul (Vestíbulo, 1966), P ǎ s ǎ rile (Os paxaros, 1970) e Racul (O cancro, 1976); e os ensaios Corn de Vin ǎ toare (Corno de caza, 1972) e Pro-domo (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de homes primitivos, da familia dos homínidos, que se engloba actualmente dentro do xénero Homo e a subespecie Homo sapiens soloensis. Foi descuberto nun depósito fluvial de Ngandong (Xava).
-
PERSOEIRO
Paleontólogo e escritor ruso. Foi autor dunha serie de narracións de aventuras e ciencia-fición, nas que confronta a intelixencia humana cos segredos da natureza, como P’at’ rumbov (Os cinco rumbos, 1944) e Belyj rog (O corno branco, 1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xograr galego. Non se teñen datos documentais sobre el, pero, a xulgar pola súa colocación nos cancioneiros e por elementos internos da súa obra, debeu estar activo a mediados ou no terceiro cuarto do s XIII. Posiblemente visitou tamén a corte de Afonso X. O topos “san Servando”, repetido nas súas cantigas de amigo, talvez faga referencia á capela de San Servando de Pazos, situada na parroquia de Barxés (Muíños) ou en Becerreá. Consérvanse 23 composicións da súa autoría recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, que se caracterizan pola variedade de estruturas estróficas e de rima: 17 cantigas de amigo (6 de romaría), 2 cantigas de amor e 4 escarnios sociais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Joos Cleve.
-
PERSOEIRO
Pintor flamengo. Activo en Urbino en 1468, traballou para Federico de Montefeltro. O seu estilo, aínda gótico, humanizouse co contacto cos renacentistas italianos. Da súa obra destaca A comuñón dos apóstolos.
VER O DETALLE DO TERMO -
DIARIOS
Diario francés fundado en 1665 en París. O seu inspirador foi J. B. Colbert, coa intención de que servise para dispoñer a cultura ao servizo do Estado. Incluía información literaria e científica. Desapareceu en 1792 e reeditouse a partir de 1816; en 1902 foi adquirido polo Institut de France e converteuse en órgano das cinco academias francesas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político ruso. Participou na Revolución de 1905 e foi un dos dirixentes da Revolución de 1917, acadando o cargo de presidente do comité central dos soviets (1923) e de presidente da URSS (1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jacob van Campen.
-
PERSOEIRO
Poeta. Coñecido como Aleksandr Oles’, foi demócrata e nacionalista e cantou a liberación do seu pobo. Algúns dos seus poemas foron incorporados ao cancioneiro popular ucraíno. Da súa produción destacan Poeziï (Versos, 1901, 1911) e Čužinoju (En terra estraña, 1920).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político montenegrino. En 1990 fundou o Partido Democrático Serbio (Srpska Demokratska Stranka, SDS) e converteuse no dirixente da autoproclamada República Serbia de Bosnia durante a guerra da antiga Iugoslavia. Desde 1996 está reclamado polo Tribunal da Haia, acusado de crimes contra a humanidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Poltava 1769 - 1838) Escritor ucraíno. Primeiro clásico da nova literatura ucraína, comezou a escribir a súa Enejda en 1794 (editada postumamente en 1842), na que, empregando os personaxes e mais o ambiente de Virxilio, describiu a sociedade ucraína da segunda metade do s XVIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Narovcat, Penza 1870 - Moscova 1938) Escritor ruso. Denunciou a miseria do pobo en Čudeznyj doktor (Un médico marabilloso, 1897) e o triste destino do soldado en Nočnaja smena (O torno de noite, 1899). Protestou contra a explotación obreira en Molokh (1896) e contrapuxo a civilización corrupta da cidade burguesa á vida pura da natureza en Olesja (1898). É tamén autor das novelas Pojedinok (O duelo, 1905), Granatovyj braslet (O brazalete ilustre), Sulamit’ (Sulamita, 1908) e Jama (A esterqueira, 1909-1915).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dos módulos especializados axustados á estación orbital MIR. O Kvant-1 estivo unido á estación en 1987 e converteuse no único módulo habitable de observación astrofísica. O Kvant-2 foi lanzado e 1989 e, pouco despois, engadiuse o Kvant-3, ou Kristal, para fabricar materiais en microgravidade. Está tamén o Kvant-4, dedicado á teledetección, e o Kvant-5, para estudios ecolóxicos.
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador neerlandés. Coñecido como il Bamboccio, residiu en Roma (1526-1628), onde coñeceu a N. Poussin e Le Lorrain. Influído por Caravaggio, creou o tipo de pintura de xénero chamada bambochada. Das súas obras destacan O repouso durante a cacería e A partida do hostal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e decorador italiano. Discípulo de Carraci, en Roma decorou o Palazzo Farnese (1602), o Palazzo Mattei (1615) e a cúpula de Sant’Andrea della Valle (1625-1627). Ademais realizou, entre outras, Paradiso (1643), na capela de San Gennaro da catedral de Nápoles.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
rei.
-
alavanco.
-