Journal des Savants

Journal des Savants

Diario francés fundado en 1665 en París. O seu inspirador foi J. B. Colbert, coa intención de que servise para dispoñer a cultura ao servizo do Estado. Incluía información literaria e científica. Desapareceu en 1792 e reeditouse a partir de 1816; en 1902 foi adquirido polo Institut de France e converteuse en órgano das cinco academias francesas.