"ovi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 688.

  • Mejer Wallakh.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e enxeñeiro ruso. Realizou importantes estudios matemáticos e mecánicos. Desenvolveu unha teoría xeral da estabilidade e da regulación de sistemas non liñais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de escena ruso. En 1984 foi expulsado do seu cargo de director do Teatro Taganka e do país. Seguidor de K. S. Stanislavskij, Meyerhold, Vakhtangov e B. Brecht, das súas montaxes destacan Dez días que conmocionaron o mundo (1965), Escoita! (1967), Tartufo (1969), Hamlet (1974), O troco (1976), A casa no embarcadoiro (1980) e Crime e castigo (1983). Dos seus últimos traballos sobresae unha versión de Os irmáns Karamazov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. No seu libro Algebra ili isčislenie konečnykh (Álxebra ou cálculo de finitos, 1834) presenta un método orixinal para calcular raíces complexas. Asegurou que non se pode demostrar matematicamente o quinto postulado de Euclides e que coa negación deste postulado é posible desenvolver unha serie de teoremas sen contradición, é dicir, unha xeometría non euclidiana. Expuxo todos os detalles e as aplicacións do seu descubrimento en Pangeometrija (1855).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe nobre de Bohemia da que o nome procede do castelo de Lobkoviče, preto de Praga. En 1459 foron elevados á categoría de señores libres e en 1624 acadaron o rango de príncipes do Sacro Imperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo romanés. Consagrouse coa obra Citadela sfarmata (O castelo destruído, 1955) e publicou, entre ourtras obras, Surorile Boga (As irmás Boga, 1959), Si eu amb fost în Arcadia (Eu tamén estiven na Arcadia, 1971) e Última carreira (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Santiago de Compostela. Foi fundado polo bispo Sisnando I e a igrexa que se conserva foi reedificada polo mesmo bispo no s X e, en 1122, por Xelmírez. Posúe unha soa nave, de estilo románico con tímpano de entrada, labrado polo mestre Paris (1316) e modificado posteriormente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario de tendencia anarcosindicalista, editado na imprenta de M. Villuendas de Betanzos, desde agosto de 1932 ata abril de 1933. Exerceu de voceiro dos ferroviarios da Compañía do Oeste, afiliados á CNT durante os 17 números coñecidos da publicación, que dirixiu o cadro do Sindicato de Profesiones Varias da CNT betanceira e o factor da Estación de Betanzos-Infesta, Miguel Navarro Mijón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Aquitania (781-817) e emperador dos francos (814-840), fillo de Carlomagno. Como rei de Aquitania, foi coroado polo Papa Adrián I en Roma, e o seu pai encargoulle os asuntos fronteirizos cos sarracenos de España. En 817 estableceu a herdanza para os seus tres fillos, escrita no Ordinatio Imperii (817). A Lotario I, o primoxénito, deixoulle o trono imperial, a Luís II de Alemaña, o Reino de Baviera e as marcas orientais, e a Pipino I, o Reino de Aquitania, a Marca de Tolosa e algúns condados de Borgoña. Ao seu sobriño Bernaldo, fillo de Pipino I de Italia e herdeiro da Coroa de Italia, nomeouno vasalo de Lotario I xunto cos outros herdeiros. As loitas pola herdanza e o reparto territorial precipitaron a desmembración do Imperio Carolinxio. En 823, foi coroado emperador Lotario I polo Papa Pascual I en Roma. Ese mesmo ano naceu outro fillo de Ludovico, que casara en segundas nupcias con Xudite. A nova emperatriz pediu un reino para o seu fillo, pero o primeiro ministro, Wala,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal italiano, sobriño do Papa Gregorio XV. Obtivo do seu tío moitos beneficios, que estendeu á súa familia. Arcebispo de Boloña, recolleu unha importante colección de obras de arte, depositada hoxe no Museo Nazionale Romano, que inclúe unha mostra de estatuas antigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Circunscrición administrativa de España, unha das catro en que se divide a Comunidade Autónoma de Galicia, situada no cuadrante NL. Integrada por 67 concellos (2001) agrupados en 13 comarcas (A Mariña Occidental, A Mariña Central, A Mariña Oriental, Terra Chá, Meira, A Fonsagrada, Lugo, A Ulloa, Os Ancares, Sarria, Chantada, Terra de Lemos e Quiroga), abrangue unha superficie de 9.856 km2, en que acolle unha poboación de 357.648 h (2001). A súa capital é Lugo. Eclesiasticamente, o seu territorio repártese entre as dioceses de Lugo e Mondoñedo-Ferrol.
    Orixe e delimitación da demarcación
    Lugo foi xa capital dunha das provincias do Reino de Galicia. Esta condición mantívoa durante as sucesivas reformas administrativas, tanto a de Xosé I Bonaparte cando foi sede de prefectura, como as que en 1822 e 1833 configuraron a actual división administrativa española. O nacemento da actual provincia de Lugo data do 27 de xaneiro de 1822, coa promulgación dun Real Decreto,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neurólogo e psicólogo ruso. Membro da Academia de Ciencias Pedagóxicas da antiga URSS, continuou a obra de Vigockij e estudiou as relacións entre o cerebro e as funcións superiores do home, especialmente a linguaxe. Da súa produción destacan O cerebro do home e os seus procesos psíquicos (1963), Fundamento de neuropsicoloxía (1973) e Linguaxe e consciencia (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo e político ucraíno. Foi director do Instituto de Selección e Xenética de Odessa (1936) e presidente da Academia Lenin de Ciencias Agrícolas (1938-1945). Negou o papel dos cromosomas e a existencia dos xenes. Ocupou cargos científicos e políticos durante o goberno de Stalin e Khruščov e impuxo a súa visión da bioloxía nos ámbitos da investigación e a educación ata 1964, cando a bioloxía soviética recuperou a corrente mendeliana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política ucraína. Coñecida como Golda Meir, emigrou a Milwaukee coa súa familia en 1906. Uniuse cedo ao Labor Zionist Party, e en 1921 emigrou a Palestina. Acadada a independencia do estado de Israel, foi ministra de Relacións Exteriores (1956-1966). En 1969 foi elixida cabeza de goberno e dimitiu (1974) a consecuencia da Guerra Árabe-israelí de 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Participou en actividades revolucionarias na súa mocidade, onde xa apuntaba as liñas da súa poesía, linguaxe coloquial e antipoética, imaxes insólitas, rimas inusitadas e un estraño lirismo. Trala revolución púxose incondicionalmente ao servizo do novo réxime soviético. Creador da LEF (Fronte da esquerda da arte), das súas obras destacan Oblako v Štanakh (A nube en pantalóns, 1914-1915), Vladimir Iljič Lenin (1925) e Vo ves ’golos (A plena voz, 1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo e escritor ucraíno. Despois da Revolución de 1917, dirixiu durante 15 anos colonias destinadas á reeducación de rapaces. Publicou Pedagogičeskaja poema (Poema pedagóxico, 1933-1935), Kniga dlja roditelej (Libro para os pais, 1937) e Flagi na bašnjakh (Bandeiras sobre as torres, 1938), ademais de narracións curtas, ensaios de crítica literaria e diversos artigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante ruso. Distinguiuse na guerra contra os turcos (1877-1878) e foi cabeza da armada do Pacífico durante a Guerra Ruso-xaponesa, en que morreu. Inventou o primeiro crebaxeos, o Iermak.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarquista ucraíno. Durante a revolución de 1917 foi o presidente do soviet de campesiños e obreiros de Ucraína. Iniciou un conflito armado cos bolxeviques en marzo de 1919 e, trala súa derrota, refuxiouse en Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi membro, desde 1939, do comité central do PCUS e formou parte do goberno soviético durante a Segunda Guerra Mundial. Colaborou con Stalin e sucedeuno no goberno (1953-1955), pero foi acusado de actividades contra o partido e excluírono do comité central en 1957.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor ucraíno. Influído polo fauvismo e pola arte popular do seu país (1911), cultivou o cubismo. Creou unha obra de tema popular, baseada na simplificación dos volumes, que o conduciu ao suprematismo, do que foi o creador con obras como Cadrado negro (1915). En 1915 redactou o manifesto Do cubismo ao suprematismo, en oposición ao lucismo, e publicou Die gegenstandslose Welt (O mundo da non representación, 1926).

    VER O DETALLE DO TERMO