"sin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 907.

  • Provincia do Lazio, Italia (3.244 km2; 494.037 h [2000]). A capital é Frosinone.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colorante que pertence á familia da pararrosanilina. Obtense por oxidación de mesturas equimolares de anilina e orto- e para-toluidina con ácido arsénico. Dá lugar aos colorantes de trifenilmetano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira setentrional da ría de Vigo, no litoral da parroquia do Hío, concello de Cangas, situada ao SO da praia de Barra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira oriental da enseada de Boiro, na ría de Arousa, no litoral da parroquia de Castro, concello de Boiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método para obter aminas primarias en estado puro a partir da hidrólise de N-alquilftalimidas, que se obteñen a partir dunha ftalimida potásica e de haluros de alquilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletíns editados a partir de xaneiro de 1980 en Santiago de Compostela por unha comisión mixta do ministerio de Educación e da Xunta de Galicia. Incluíu información relativa ao uso da lingua galega nos distintos niveis educativos. No nº 0 publicouse o Real Decreto polo que se regulaba a incorporación da lingua galega ao sistema educativo galego, no 1º a programación de lingua galega para ensino básico, no 2º a programación provisoria de lingua e literatura galegas para Formación Profesional, no 3º a programación provisoria de lingua galega para o primeiro curso de BUP, no 4º a programación de lingua e literatura galegas para BUP, e no 5º a programación para a reciclaxe de profesores de EXB.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter político editada a partir de outubro de 1977. Subtitulouse “Sindicato Nacional de CC OO de Galicia”. Dirixida por Xesús Abuín Redondo e Leonardo Baltanás, incluíu información sobre reivindicacións, congresos e aspectos laborais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de príncipes rusos de orixe lituana. Descenden de Guedimín I de Lituania (1316-1341) e entre os seus membros destacaron Vasili Vasiliejvi č (1643-1714), conselleiro do Tsar Fiodor III e un dos artífices da Paz Perpetua con Polonia (1686); Mikhail Mikhajlovi č (1674-1730), conquistador e gobernador de Finlandia (1714-1721); Dimitri Alexejvi č (1738-1803), ilustrado e autor de Descrición de Taúrida (1888); e Boris Borisovi č (1862-1916), físico e director do observatorio de San Petersburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente anarcosindicalista. Coñecido como Diego Abad de Santillán, dirixiu o semanario Tierra y Libertad e fundou a revista Tiempos Nuevos. En 1938 incorporouse ao Comité Nacional del Frente Popular Antifascista e ao remate do conflito civil exiliouse en Francia e Arxentina, de onde regresou en 1976. Publicou Por qué perdimos la guerra (1940) e Contribución a la historia del movimiento obrero español (1962-1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de obtención de aldehidos, fenois, fenois éteres e outros compostos heterocíclicos por tratamento de substratos aromáticos, con HCN e HCl, en presenza ou non dun catalizador ácido. A reacción é: ArOr + HCN + HCl... RoArCHO + NH4 Cl.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor holandés. A súa obra representa unha evolución na paisaxe de fondo tratada de forma naturalista. Doutras obras destaca o tríptico A crucifixión, realizado para o mosteiro dos Irmáns de San Xoán de Haarlem e do que se conservan as táboas A lamentación de Cristo e A cremación dos ósos de San Xoán Bautista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insecto díptero, do xénero Glossina, que se atopa fundamentalmente en África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dípteros ciclorrafos, da familia dos glosínidos, ao que pertence a mosca tse-tse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome que consiste nunha invasión do seo cavernoso por unha lesión neoplásica da naso-farinxe; maniféstase por oftalmoplexía, neuralxia ou anestesia do territorio do trixémino e parálise do nervio hipogloso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos produtos que segregan algúns vexetais. Está constituída por unha resina e aceites esenciais. A goma pode ser total ou parcialmente soluble en auga, pero deixa intacta a parte resinosa. Esta parte disólvese en alcohol etílico, que non ataca a goma. Entre as gomarresinas máis importantes existen o gálbano, a mirra e o incenso. Tamén se denomina goma resina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nucleósido da guanina. É un glicósido no que a base se une por un enlace N-glicosídico a unha ribosa ou unha desoxirribosa.

    2. GTP.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso mozárabe. Foi sacerdote dunha cidade da diocese de Qurtuba, na Córdoba musulmana, onde tamén foi martirizado (852). Na iconografía viste sotana sacerdotal, ás veces con roquete, e leva como atributos a palma do martirio e un alfanxe. A súa festividade celébrase o 13 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo xermánico, latinizado en Gumesindus, composto de guma ‘home’ e swind ‘forte’. Presenta as variantes Gumesindo/Gumesinda e os hipocorísticos Gumerso, Gumer, Sindo/Sinda. A súa festividade celébrase o 13 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do antropónimo Gumersindo/Gumersinda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Iria Flavia (920-924). Membro dunha familia nobre, foi cabaleiro e gobernou o conmisio de Pico Sacro. Recibiu as ordes sagradas e foi abade da canónica de Iria desde 912. Consagrado bispo de Iria, foi patrón do mosteiro de San Salvador de Cinissa e de Santa Comba de Bande.

    VER O DETALLE DO TERMO