Galego no ensino

Galego no ensino
[PUBLIC]

Boletíns editados a partir de xaneiro de 1980 en Santiago de Compostela por unha comisión mixta do ministerio de Educación e da Xunta de Galicia. Incluíu información relativa ao uso da lingua galega nos distintos niveis educativos. No nº 0 publicouse o Real Decreto polo que se regulaba a incorporación da lingua galega ao sistema educativo galego, no 1º a programación de lingua galega para ensino básico, no 2º a programación provisoria de lingua e literatura galegas para Formación Profesional, no 3º a programación provisoria de lingua galega para o primeiro curso de BUP, no 4º a programación de lingua e literatura galegas para BUP, e no 5º a programación para a reciclaxe de profesores de EXB.

Palabras veciñas

galegada | Galego | galego -ga | Galego no ensino | Galego, O | galegofalante | Galegos