"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teatro situado en Vigo. Proxectado por A. Rodríguez Sesmero, inaugurouse en 1900. Da decoración interior encargouse o escenógrafo Arturo D’Almonte e as esculturas realizounas M. Gómez Román. En 1904 adquiriuno J. García Barbón e desapareceu en 1910 por mor dun incendio. No seu terreo edificouse o Teatro García Barbón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membrana fina que envolve algunhas partes do corpo, cousas ou alimentos como a clara do ovo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
teaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘piollo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Accionar as teclas dun instrumento musical, dunha máquina ou dun ordenador preméndoas cos dedos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade grega da Arcadia, preto de Argólida, fundada en época micénica. Sometida á supremacía espartana entre 473 e 470 a C, pertenceu á Liga do Peloponeso.
-
PERSOEIRO
Médico. Discípulo de Asclepíades de Prusa, residiu en Roma en tempos de Augusto. Fundou a escola metódica, oposta á empírica, que propoñía a investigación das causas da enfermidade no mesmo organismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautor francés. Entre 1955 e 1960 musicou poemas de escritores coñecidos, coa colaboración de Louis Aragon. A partir de 1963 as súas composicións derivaron cara á unha canción comprometida coa esquerda.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
apalpar.
-
Considerar unha persoa con prudencia ata descubrir a súas intencións.
-
Facer uso do dereito de tenteo.
-
Calcular unha magnitude de xeito aproximado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado filosófico sobre a divindade que está considerada como parte da metafísica, como continuación e concreción da ontoloxía. O termo foi creado por Leibniz que, ao ocuparse de Deus, cría primordial xustificar o feito de que Deus creou un mundo onde está o mal. Afirmou, inicialmente, que o mal non é senón unha falta do ben e, despois, que este defecto é só imputable ao home. Se Deus permite o mal é porque serve para a nosa mellora.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e escritor. Foi abade de Fleury e arcebispo de Orléans (798 -821?). Protexido polos emperadores Carlomagno e Luís I, foi acusado despois de ter participado no complot do Rei Bernaldo de Italia contra Luís I. Na prisión compuxo o Gloria Laus, que entrou na liturxia do día de Ramos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á fusión nuclear que se produce a temperaturas da orde de centenas de millóns de graos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á terra, en contraposición a celestial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colonia británica constituída en novembro de 1965. Ten unha superficie de 46 km2 e comprende o arquipélago de Chagos, onde destaca a illa Diego García, que ten unha base militar británica e estadounidense. Outras illas menores son Pero Banhos, Salomon e Three Brothers. Non existe unha poboación estable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Perseverar nunha actitude ou idea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Área de sedimentación mariña que se orixinou durante o Precámbrico ao fragmentarse a Panxea, e que se estendía desde Pireneos ata Indonesia, pasando por Asia central. O Mediterráneo é unha parte antiga do mar de Tetis. Deulle o nome o xeólogo austríaco Edward Suess.
-
PERSOEIRO
Novelista e xornalista. Convertido en periodista profesional, colaborou coa revista satírica Punch, con escritos que máis tarde reuniu no volume The Book of Snobs (1848). Das súas primeiras novelas históricas destaca The Luck of Barry Lyndon (1844), revisada máis tarde que apareceu co título de The Memoirs of Barry Lyndon (1856), unha longa obra ambientada no s XVIII. Vanity Fair (1847-1848) foi a primeira novela que apareceu co seu nome e a que o consagrou. Posteriormente tirou do prelo Henry Esmond (1852), outra novela histórica, pero dunha maior formalidade en canto á estrutura. Das súas obras contemporáneas destaca The History of Pendennis (1848); e a balada The Rose and the Ring (1855), en prosa, que foi considerada un texto modélico para os nenos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teatro estatal fundado en París en 1920. O seu primeiro director foi o actor Gremier, que ostentou o cargo ata 1933. Creouse coa finalidade de ofrecer espectáculos de calidade a uns prezos accesibles, especialmente para un público popular. Foi dirixido por notables personalidades, das que destaca Jean Vilar (1951-1963), co que a compañía acadou un gran prestixio.
-
PERSOEIRO
Físico francés. Especializado en física nuclear, estudou diversas reaccións de desintegración e transmutación e en 1933 conseguiu aniquilar a materia, mediante o bombardeo do platino con electróns positivos, co que obtivo fotóns.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e pensador estadounidense. Relacionado coas teorías do trascendentalismo, adoptou unha postura marcada pola soidade e a actitude de retorno á natureza, unha experiencia que narrou en Walden, or Life in the Woods (1854). As súas obras de carácter social foron Slavery in Massachusetts (1854) e John Brown (1859).
VER O DETALLE DO TERMO