Théâtre National Populaire
Théâtre National Populaire
Teatro estatal fundado en París en 1920. O seu primeiro director foi o actor Gremier, que ostentou o cargo ata 1933. Creouse coa finalidade de ofrecer espectáculos de calidade a uns prezos accesibles, especialmente para un público popular. Foi dirixido por notables personalidades, das que destaca Jean Vilar (1951-1963), co que a compañía acadou un gran prestixio.