Thatcher, Margaret Hilda

Thatcher, Margaret Hilda

Política inglesa. Coñecida como a Dama de ferro, en 1950 ingresou no Conservative Party e en 1975 foi elixida líder do mesmo. En 1979 converteuse na primeira muller en acceder ao cargo de primeira ministra en Europa. Foi reelixida en 1983 e 1987 e impulsou o liberalismo económico. A impopularidade da lei de impostos Pol Tax e a dimisión do ministro de finanzas Lawson (1989) e do seu conselleiro privado fixeron que dimitise en 1990.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Grantham, Lincolnshire