"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

    1. Ofrecer un ser vivo a unha divindade para obter o seu favor.

    2. Matar un animal, especialmente para o seu consumo.

    3. Expoñer ou someter unha persoa ou cousa á destrución ou a un dano en beneficio de algo que se considera máis importante.

    4. Renunciar voluntariamente a algo para obter un beneficio.

    5. Renunciar voluntariamente a aquilo que se considera favorable para si mesmo en beneficio doutra persoa ou cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nicolas Léonard Sadi Carnot.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico. Foi director do laboratorio de atmosferas planetarias e profesor de diversas universidades. Coñecido polos seus traballos sobre atmosferas e superficies planetarias, formulou a hipótese da existencia do efecto invernadoiro na atmosfera de Venus (1960). Formou parte dos equipos de traballo das misións Mariner 9, e Viking 1 e 2 a Xúpiter e Saturno. Traballou tamén en exobioloxía. Escribiu, entre outras obras, The Dragons of Eden (1977) e The Demon-Haunted World: Science as a Candle in the Dark (Random House) (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piloto de rallyes. Competiu durante 16 tempadas no campionato do mundo e obtivo 26 vitorias. Proclamouse campión mundial en 1990 e 1992 co equipo Toyota, acompañado do seu copiloto, Luis Rodríguez Moya. Aínda que se retirou do mundial de rallyes en 2004 cando pertencía ao equipo Citröen, participou nos rallyes de Turquía e Acrópolis de 2005 a petición do equipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo peruano. Das súas obras destacan Albores y destellos (1851) e Diamantes y perlas (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Graduouse en economía en Harvard University e na Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM), e ingresou no Partido Revolucionario Institucional (PRI). Presidente de México (1987-1994), adoptou unha política neoliberal e, en 1992, asinou con EE UU e Canadá o Acordo Norteamerticano de Libre Comercio (NAFTA). Na última etapa do seu mandato, varios problemas como a revolta de campesiños en Chiapas, os escándalos nas eleccións presidenciais e a implicación de familiares seus no narcotráfico, obrigárono a abandonar o país.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar saloucos.

    2. Chorar facendo ruídos entrecortados coa gorxa e co nariz ou suspirando.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manchar ou mollar algo ou a alguén cun líquido ou cunha substancia pastosa.

    2. Estender algo por un sitio.

    3. Saltar un líquido esparexéndose en gotas.

    4. Mollarse ou mancharse cun líquido ou cunha substancia pastosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, irmán de Manuel Salvador Carmona. Colaborou na decoración dos palacios reais de La Granja de San Ildefonso e de Madrid. Da súa produción destaca a Virgen de las Angustias da catedral de Salamanca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador, irmán de Luis Salvador Carmona. Introduciu o estilo francés en Madrid. Dos seus gravados, dentro da tendencia rococó, destacan os realizados segundo debuxos do pintor Charles de la Traverse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e gramático. Foi un dos principais promotores da normalización ortográfica no País Valencià, á vez que contribuíu a divulgar a doutrina gramatical de P. Fabra. En 1919 publicou o folleto El valencià a les escoles e en 1921 lanzou o manifesto Pro Associació Protectora de l’Ensenyança Valenciana. Da súa produción poética destaca Els bes als llavis (1934), na prosa La Dragomana dels déus (1920) e no ensaio Elogi de la prosa (1928) e Elogi de la vagància (1937). Director do Centre de Cultura Valenciana, tras a contenda civil a súa obra volveuse máis tradicional e austera, como El fang i l’esperit (1951). Publicou unha Gramàtica valenciana (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director teatral e escritor. Catedrático de Artes Escénicas da Universitat de Barcelona, en 1956 fundou en Barcelona, con Miquel Porter, o Teatre Viu. Doutorado en Filosofía en 1973, viaxou a Alemaña para cursar ciencias teatrais, socioloxía e filosofía. Está considerado unha das principais figuras no proceso de renovación das artes escénicas en España, especialmente en Catalunya. En 1960 fundou, con Maria Aurèlia Capmany, a Escola d’Art Dramàtic Adrià Gual, que dirixiu ata a súa extinción (1975). Na mesma época traballou en textos de Salvador Espriu ata convertelos en espectáculo, como Ronda de mort a Sinera (1965). Tivo unha longa traxectoria de dirección de proxectos como director do Teatro Nacional (1970-1972) e do Festival Internacional de Teatro de Sitges (1977-1986). Co Centro Dramático Galego dirixiu en 1991 a obra O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca. Publicou El teatre contemporani (1966) e El teatro moderno (1981). Recibiu o Premio Lorca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Comezou a súa carreira política na Unión Republicana (1931) e foi ministro de Traballo e Previsión Social (1933), de Industria e Comercio (1933-1934), de Estado (1934). Presidiu o Consello de Ministros nun goberno de transición (1934) e cesou por presión da CEDA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teatro de Nápoles, fundado por Carlos VI de Nápoles (Carlos III de España) en 1737. Incendiado en 1816, foi reconstruído posteriormente. Ten capacidade para preto de 3.000 persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada na ribeira dereita da ría de Ferrol, na parroquia de Doniños (Ferrol).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa de Negros, Filipinas, situada na costa NL da illa, preto do Tañon Strait (106.000 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Río Negro, Arxentina, situada na ribeira meridional do lago Nahuel Huapí (109.826 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO