Salinas de Gortari, Carlos

Salinas de Gortari, Carlos

Político. Graduouse en economía en Harvard University e na Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM), e ingresou no Partido Revolucionario Institucional (PRI). Presidente de México (1987-1994), adoptou unha política neoliberal e, en 1992, asinou con EE UU e Canadá o Acordo Norteamerticano de Libre Comercio (NAFTA). Na última etapa do seu mandato, varios problemas como a revolta de campesiños en Chiapas, os escándalos nas eleccións presidenciais e a implicación de familiares seus no narcotráfico, obrigárono a abandonar o país.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ciudad de México