"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

    1. Acción de varear.

    2. Época de varear as castañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema segundo o que o momento da resultante dun sistema de forzas concorrentes nun punto, respecto a outro punto é igual á resultante dos momentos de todas aquelas forzas respecto ao mesmo punto. OBS: Tamén se denomina teorema dos momentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta simbolista romanés. Coñecido como George Bacovia, evolucionou desde o tenebrismo, con Scintei galbene (Chispas amarelas, 1926) ata o realismo, con Stante burgheze (Estancias burguesas, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, situado no sector N da illa de Gran Canaria (6.979 h [2001]). A súa economía é agropecuaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Asturias, situado ao L da ría de Ribadeo, no límite con Lugo (4.561 h [2001]). A agricultura, a gandaría e a industria alimentaria e de maquinaria agrícola son as principais actividades económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Cóengo de San Pedro do Vaticano, destacou polas súas obras De verborum significatione; De rebus memorabilibus basilicae S. Petri, primeiro estudo de arqueoloxía cristiá, e De educatione liberorum clarisque eorum moribus, exaltación do ideal humanístico da cultura como formación da personalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao acto sexual.

    2. Que se contrae por transmisión sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que estuda as enfermidades de transmisión sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Eixe do rodicio do muíño.

    2. Mecanismo para a transmisión do movemento.

    3. Eixe en que vai a canela do tear.

    4. Brazo da pedra de afiar.

    5. aras longas e flexibles que se colocan ao redor dos palleiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de tecido para tapar unha cousa.

    2. Tecido moi fino e pouco denso, semellante á muselina, de crespón, algodón, estame, seda ou fibras artificiais e sintéticas, xeralmente con ligado de tafetá.

    3. Aquilo que cobre ou oculta.

    4. Anaco de tea destinado a cubrir algún obxecto relixioso, como o suffībulum con que as vestais cubrían a cabeza durante os sacrificios ou o veo dos neófitos e das donas nos primeiros séculos do cristianismo. A liturxia cristiá conservou o seu uso no veo bautismal, de liño branco, no veo numeral, no veo nupcial das velacións, no veo do cáliz, no veo do sagrario ou conopeo e, sobre todo, no veo relixioso, que se lles impón aos monxes no rito da velación, símbolo do seu estado monacal.

    5. Cortina que separaba o santo dos santos do resto do edificio, no templo de Xerusalén.

      1. Estrutura anatómica en forma de capa.

      2. veo do padal

        Órgano musculomembranoso que presenta o lado superior fixo na parte posterior da bóveda palatina, o lado inferior libre sobre a base da lingua e os piares laterais que se xuntan coa lingua e a larinxe.

    6. Repregamento contráctil anular que pecha parcialmente a subumbrela das hidromedusas e que en estado de contracción, deixa soamente un orificio para a saída do manubrio. Ten como función, ao contraerse e descontraerse, facer entrar auga na subumbrela e facela saír como método de desprazamento do animal.

    7. Capa da hifénquima que recobre o aparato esporífero dos fungos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta que pecha polo L a enseada do Trece, na Costa da Morte, no litoral setentrional da parroquia de Xaviña, no concello de Camariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de veranear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás verbenáceas.

    2. Planta da familia das verbenáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas ou leñosas, da orde das lamiais, con ramas opostas e verticiladas. As flores son cigomorfas, tubulares e curvadas, pentámeras ou tetrámeras, de ovario súpero e dispostas en acios ou cimas. Coñécense máis de 700 especies, a maioría delas termófilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas que corresponde á voz ‘sangue’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘herba’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘verdura’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cabaleiro. Habitante de Verial e descendente do emperador romano Calígula, matou unha serpe xigantesca, chamada Saavedra, que adoraban os seus veciños, os baluros. Por iso foi considerado o fundador da liñaxe dos Saavedra. O seu nome tamén se relacionou co de Hércules.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos vermídeo.

    2. Animal do grupo dos vermídeos.

    3. Grupo heteroxéneo de animais que teñen en común unicamente a súa semellanza aos vermes. Este grupo inclúe, entre outros, os ectoproctos, os braquiópodos, os gastrotricos ou os quinorrincos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás verrucariáceas.

    2. Lique da familia das verrucariáceas.

    3. Familia de liques que comprende unhas 700 especies saxícolas de talos crustáceos, peritecios solitarios e con clorofíceas clorococais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e músico. Formado no seminario de Tui (1860), foi vicepresidente da Juventud Católica de Tui e director da orquestra da catedral. En 1871 marchou a Madrid para ensinar música e publicou Flores de la soledad, en que incluíu seis melodías para canto e piano. En 1875 fundou en Madrid a asociación Galicia Literaria. Da súa obra destacan, ademais de diversos scherzos para piano, canto e pequena orquestra, os libros Versos (1874), Rimas de D. Rodrigo de Moscoso y Osorio, vizconde de Altamira. Siglos XV a XVI (1875), Galería de Gallegos Ilustres (1875), Monografías de Vigo (1878) e Páginas sueltas (1892).

    VER O DETALLE DO TERMO